Esta pasada fin de semana seis equipos do C.B. Caselas xogaron os seus primeiros partidos oficiais neste curso 2024-25, despois dunha pretempada marcada polas obras no Pavillón Municipal de Salceda.

Tocou adaptarse ás circunstancias: adestrar soamente dous días á semana e sempre no IES Pedrasrubias, ata que voltemos á normalidade a semana do 7 de outubro!

Non son as mellores condicións para comezar a tempada, pero ante as adversidades tivemos que saír adiante entre tod@s.

As difíciles circunstancias deste inicio de curso son por unha boa causa: por fin teremos un chán novo no pavillón municipal que tanto merecen os deportistas de Salceda e que favorecerá o mellor desenvolvemento da actividade física, ademáis de axudar na prevención de lesións.

Con todo isto, os nosos equipos de formación de canastra grande o deron todo nesta primeira xornada, a pesares de contar todavía con pouco ritmo de adestramentos, con diferentes resultados:

JUNIOR MASCULINO:

C.B. Nigrán Rojo 32 – 60 C.B. Caselas Electricidade Condado

CADETE MASCULINO:

Salesianos A 106 – 21 C.B. Caselas Construcciones Maceiras

C.B. Redeiras 21 – 110 C.B. Caselas Balidea

CADETE FEMININO:

C.B. Caselas Norexca 41 – 76 Colexio Mariano

INFANTIL FEMININO:

C.B. Caselas JGC Vending 9 – 59 Cía de María Vigo

INFANTIL MASCULINO:

C.B. Caselas Hermanos Núñez 9 – 60 PBB A

Moitas grazas ao Concello de Salvaterra do Miño por cedernos o seu pavillón para esta primeira xornada de liga nos partidos de local.

Esta próxima fin de semana estrearemos o novo chán do noso pavillón de Salceda con catro partidos e a semana que vén xa poderemos adestrar na nosa casa!!!

Permanecede atent@s ás redes sociais e á nova páxina web do C.B. Caselas !!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: CronicasNovas

1 Comment

Freddy · Outubro 2, 2024 at 5:39 p.m.

Benvidos a unha nova tempada 🙂

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?