Como sabedes, a masa deportiva en Salceda de Caselas é enorme e está en constante crecemento, grazas en parte ao traballo dos clubs e do Concello da nosa localidade.

Como tamén sabedes e sufrides, o espazo deportivo dispoñible é claramente insuficiente. Só dispoñemos dun único pavillón a tempo completo para máis de 600 usuari@s.
As consecuencias: falta de horarios, ata 4 equipos adestrando ao mesmo tempo na pista ou problemas para encaixar todos os partidos xornada tras xornada.

É por iso que os clubs deportivos de Salceda e Concello puxémonos mans á obra.
Iniciamos unha recollida conxunta de sinaturas que entregaremos á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra, xunto cunha solicitude de reunión na que poder expoñer o problema real que sufrimos e buscar fondos e unha solución entre todas as partes.

Botádenos unha man asinando a campaña na ligazón que incluímos e compartíndoa nas redes, cos vos@s familiares e amig@s.

Gañar xunt@s ou perder sós.

Facede clic na seguinte enlace para firmar.

🔗 https://www.change.org/porunnovopavillonparasalceda

IMPORTANTE: depois de firmar recibiredes un mail para confirmar dita firma, sen ese paso a firma non será válida.


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


2 Comments

Monste Fernández · Febreiro 28, 2025 at 3:29 p.m.

Una idea que va a dar muchos frutos

    Freddy · Marzo 3, 2025 at 3:10 p.m.

    Graciñas polo teu apoio 🙂

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?