Dous partidos en dous días para o CB.Caselas. O xoves 7 de novembro xogamos no Pavillón de Salceda contra Mos un partido que fora aprazado. E o sábado 9, viaxe a Illa de Arousa para enfrontarse ao Dorna.

C.B.CASELAS 47 – 69 C.B. MOS

CB.CASELAS (47): Jano 2, Darío 11, Rubén 5, Ledo 9, Julián 6. QUINTETO. Nico 4, Héctor 4, Rober 4, Xur 2, Fredi.
Baixas: Jose e Jorge.
Parciais: 12-14;5-21;17-16;13-18
Incidencias: Noite de xoves no Pavillón de Salceda, con pouco público a unha hora moi pouco habitual.

Despois dun primeiro cuarto igualado (12-14 para Mos ao término dos primeiros 10 minutos) o partido foi dominado plenamente polos visitantes. Un segundo cuarto paupérrimo en ataque (5 puntos para o Caselas) disparou a Mos no marcador. Na segunda parte a actitude local mellorou, pero nunca
estivemos metidos no partido.

A defensa en zona moi pechada de Mos atragantóuselle totalmente aos nosos e as 12 triplas recibidas resultaron incontestables nun partido para esquecer. Ata agora, o único partido no que o Caselas non competíu sobre a cancha esta temporada.

Derrota dura e merecida.

C.B.DORNA 82 – 71 C.B.CASELAS

CB.CASELAS (71): Nico 4, Fredi 7, Darío 16, Julián 13, Ledo 17…Xur 6, Héctor 2, Rubén 6, Rober.
Baixas: Jose, Jorge e Jano.
Parciais: 30-21;15-18;19-15;18-17
Incidencias: Primeira vez na historia que un equipo do CB.Caselas xogaba na Illa de Arousa. O encontro disputouse as 8 da tarde no Pavillón Torre de A Illa, con moi bó ambiente e algúns afecionados de Salceda.

Partido moi entretido e con moita anotación no que os de Adrián Salgado, a pesares de sair derrotados, cambiaron a faciana competitivamente falando respecto a 2 días atrás.
O partido, con moito ritmo, enfrentou a dous equipos que lles gusta xogar rápido. O Dorna sempre estivo por diante no electrónico cun Caselas que se aferraba ao partido con uñas e dentes. Os nosos fixeron un gran esforzo despois do pau do partido anterior, o cal non era sinxelo. Hai que felicitar aos nosos
xogadores pola actitude e o esforzo que puxeron.

Pola contra, non chegou para gañar o partido perante un rival que demostrou ter moito baloncesto nas mans. De novo o acerto nos tiros de tres no rival (10 triplas encaixadas, aspecto defensivo a mellorar polo Caselas), decidíu o partido para os locais.

Agora a pensar no seguinte enconttro ante Illas Cíes.

Vamos Caselas!!!

CATEGORÍAS BASE

Debutaron con moita ilusión os nosos 3 equipos de minibasquet.
PREMINI: N.S.Esperanza 30-31 Caselas
MINI A: Caselas 33-73 Porriño
MINI B: Caselas 5-56 García Barbón
INFANTIL MASC: Caselas 45-41 6 do Nadal B
CADETE MASC: Caselas 44-86 6 do Nadal C


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: Cronicas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?