SENIOR FEMININO

C.B.CASELAS NATURAL GRANITE 50 – 55 C.B.BAIONA

Parciais: 11 – 17 / 17 – 12 / 15 – 7 / 7 – 19

Anotadoras: Alejandra 12; Elena 10; Laura 7; Cristina 7; Tamara 5; Irene 4; Saray 2; Susana 2; Lucía 1; Raquel.

Encontro moi disputado e entretido no que ambos os dous equipos mostraron un bo nivel de xogo e fixeron desfrutar ao público presente no pavillón.

Ás de Joseba custoulles entrar no partido no primeiro periodo, no que soamente anotaron 11 puntos, mais no segundo cuarto comezaron a carburar e devolvéronlle o parcial ao equipo visitante, deixando un axustado marcador de 28 – 29 ao descanso.

Á volta dos vestiarios o Caselas xogou un dos mellores cuartos da tempada, sobre todo en defensa, acadando unha vantaxe importante no electrónico.

Sen embargo, os partidos non se deciden ata os derradeiros instantes. Un parcial en contra provocado por varias perdas de balón seguidas, aupou ás visitantes e nun final igualado a victoria foise para Baiona.

A pesares desta derrota, o equipo debe sacar conclusións moi positivas deste partido. Nunha liga moi igualada como está a ser a do senior feminino, o Caselas competíu de tú a tú contra un equipo da zona alta da clasificación, por momentos dominando e impoñendo o seu xogo. Aprendamos dos erros para continuar a mellorar e medrar como equipo!

SENIOR MASCULINO

SAUCES 83 – 43 C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 24 – 19 / 20 – 4 / 12 – 12 / 27 – 8

Anotadores: Aitor 14; Iván 9; Eloy 8; Jorge 4; Jose 3; Héctor 3; Rober 2; Manuel.

Partido duro para o senior masculino, que afrontaba o choque con moitas baixas. Os oito xogadores convocados o deron todo e o intentaron, pero o ritmo imposto por un equipo moi físico e dinámico decantou o partido para os locais.

Os cuartos pares foron positivos para os nosos, pero nos periodos impares Los Sauces foron claramente superiores.

Toca reagruparse e recuperar lesionados nesta xornada de descanso para afrontar o derradeiro partido oficial do ano o domingo 17 de decembro na casa!

CADETE MASCULINO

C.B.CASELAS 92 – 29 C.B.CLUNY BASKETGAL

CADETE FEMININO

DEFENSORAS DO MORRAZO 41 – 40 C.B.CASELAS

INFANTIL MASCULINO

C.B.CASELAS NATURAL GRANITE 16 – 67 SEIS DO NADAL D

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 48 – 40 SEIS DO NADAL B

MINI FEMININO

C.B.CASELAS 25 – 38 APÓSTOL BLANCO

MINI MASCULINO

C.B.CASELAS 40 – 25 NOVOBASKET

Esta próxima fin de semana non haberá competición para os equipos do C.B.Caselas.

Aproveitaremos a xornada de descanso para asistir ao partido de LIGA ENDESA 1ªDivisión Española Feminina CELTA ZORKA RECALVI – UNI GIRONA. Será o sábado 9 de decembro no pavillón de Navia, Vigo. Tod@s @s xogador@s menores de idade do Caselas que se apunten terán ENTRADA GRATUÍTA!

Lembrade que tedes ata as 14:00h deste XOVES 7 de decembro para apuntarvos!

Animádevos a asistir a este gran partido de baloncesto feminino do Celta, flamante ascendido á máxima categoría coa súa capitana do Celta Zorka Sara Vidal á cabeza (colaboradora do Campus C.B.Caselas).


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: CronicasNovas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?