CB.CASELAS (55): Jano 11, Darío 10, Xur 5, David Ledo 12, Julián 9. QUINTETO. Rober, Fredi, Jose 1, Rubén 7, Nico.
Parciais: 15-14 / 9-21 / 16-5 / 15-11.
Incidencias: Partido xogado a continuación do Acto de Presentación do CB.Caselas e Escolas Municipais de Baloncesto. Gran entrada no Pavillón de Salceda, con preto de 200 espectadores totalmente volcados co noso equipo.
O Caselas tirou de esforzo e pudor para levarse merecidamente un encontro que se lle puso moi costa arriba no descanso, pero remontou na segunda parte cunha gran defensa e empurrados por un gran público que se convertiu no sexto home.
O partido foi bonito, intenso e con moito contacto, que dificultaba por ocasións a labor arbitral.
O Seis do Nadal de Coia aparecía como un rival xoven, con xogadores moi rápidos e intensos que nos provocaron moitos erros no pase, unido a que non estabamos de todo acertados no lanzamento.
Con todo, logo dun primeiro cuarto igualado (15-14), chegaron as primeiras ventaxas importantes para os de Coia (24-35 ao descanso).
O paso polos vestiarios sentou moi ben aos de Adrián Salgado. Os nosos apretaron atrás e xogaron con máis paciencia en ataque. Os froitos non tardaron en chegar, e unha tripla de Jano xusto ao remate do terceiro cuarto, poñía o empate a 40 e enloquecía á bancada.
No periodo final continuou a igualdade e o encontro resolveuse nos minutos finais cun gran traballo de equipo e gran desgaste físico. O público encargouse do resto. MIL GRAZAS AFECIÓN !!!
CATEGORÍAS BASE:
Se aos maiores lles foi ben, a xornada da nosa base foi xenial, cun pleno de 4 de 4. Como aspecto negativo sinalar a lesión nun brazo da nosa xogadora cadete Carla, que precisou asistencia médica. Dende aquí desexámoste moi pronta recuperación. De seguro que moi pronto estarás de novo connosco!!
Os resultados foron:
Cadete Masc: CASELAS 51 REDONDELA 38
Cadete Fem: CASELAS 56 BASKETGAL 36
Infantil Masc: ROSAIS 50 CASELAS 55
Mini B: CASELAS B 57 MIRALBA 34
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments