CB.Caselas (55): Xur 11, Jano 21, Rubén, David Ledo 4, Julián 4. QUINTETO. Darío 12, Nico 3, Fredi e Rober.
Parciais: 15-14 / 14-15 / 23-11 / 17-14.
Incidencias: Encontro xogado no IES. Mendiño de Redondela.
Partido igualado e entretido no que os xogadores de Adrián Salgado, a pesar da derrota, recuperaron as boas sensacións perdidas no derradeiro mes perante un equipo en racha que ocupa os postos nobles da clasificación.
Primeira parte igualada (30-30), con gran nivel de xogo. O noso xogador David Ledo, nesta metade lesionouse cun tirón na perna que lle impediu seguir xogando.
O terceiro cuarto foi o peor. Estivemos un pouco desquiciados perdimos un pouco a concentración.
No derradeiro cuarto nos puxemos a 2 puntos a falla de 6 minutos. pero non poidemos remontar a un bó Redondela que mereceu a victoria.
Está claro que non gusta perder e precisamos romper a racha de derrotas, pero este partido fai ver que estamos na liña de recuperar a ilusión e competir cada partido.
O vindeiro domingo pola tarde recibimos ao Seis do Nadal Coia en Salceda, coincidindo coa Presentación Oficial do Clube e Escolas Municipais de Baloncesto, unha das citas máis importantes do clube. Alí estaremos todos.
Arriba Caselas !!!!!
CATEGORÍAS BASE:
Aínda que os resultados non acompañen, seguimos a competir moi ben e os equipos de base melloran día a día.
Cadete Masc: CASELAS 65 BASKETGAL 53
Cadete Fem: SEIS DO NADAL 53 CASELAS 51
Infantil Masc: CASELAS 41 BAIONA 52
Mini A: CASELAS A 52 DEFENSORES DO MORRAZO 59
Mini B: CLUNY 68 CASELAS B 18
Premini: CASELAS 25 ENSEÑANZA 28
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments