CB.Caselas (42): Xur 5, Darío 19, Rubén 3, Julián 4, David Ledo 1. QUINTETO. Nico 10, Rober, Fredi, Héctor.
Parciais: 11-9 / 10-11 / 7-8 / 9-9. 12-5 na prórroga.
Incidencias: Encontro xogado no Pavillón de Navia (Vigo) con escaso público.
Partido atípico e malo en ataque por parte de ambos equipos, que tivo que ir a prórroga logo dun paupérrimo empate a 37 ao remate dos 40 minutos regulamentarios. O positivo do Caselas foi que melloramos un pouco en defensa, aínda que psicoloxicamente os de Adrián Salgado están baixos e iso notase.
Aínda así, púdose gañar. Logo dun tempo morto con empate a 37 e con posesión de balón, xogada preparada de Adrián e con dous tiros liberados que non quixeron entrar e que nos darían a victoria.
Claro exemplo de que cando non sae nada, nin tan sequera podes contar coa sorte. A prórroga seguiu igualada. A diferenza final de 7 puntos foi polo carrusel de faltas que fixeron os nosos para parar o crono.
Estamos nun mal momento, pero o equipo compite e os xogadores o intentan.
O vindeiro fin de semana voltamos a xogar fóra, en Redondela. Arriba Caselas!!!!
CATEGORÍAS BASE:
Só unha victoria -a do Cadete Feminino en Ponteareas no derbi-, pero moi boas sensacións de varios equipos pese a derrota.
Cadete Masc: DEFENSORES DO MORRAZO 51 CASELAS 50
Cadete Fem: CONDADO 39 CASELAS 54
Infantil Masc: APÓSTOL 74 CASELAS 41
Mini “A”: SALESIANOS B 48 CASELAS A 40
Mini “B”: BAIONA 47 CASELAS B 8
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments