CB.CASELAS (74): Xur 4, Jano 27, Darío 26, Ledo 3, Rober 5. Banquillo: Fredi , Julián 8, Nico 1,

Ausencias/Lesionados: Jorge, Jose e Rubén.

Parciais: 13-17;16-24;26-16;19-11

Asistencia/Incidencias: Máis de cen afecionados no debut do Caselas na 3ª división autonómica, que animaron nos momentos máis importantes e despediron ao equipo cunha ovación.

Fíxose moi longa a espera, pero o baloncesto en competición oficial xa chegou a Salceda un ano máis, e… ¡de qué maneira!

Despois dunha tempada 2018-19 espectacular, na que o gran xogo, o compromiso e o bo ambiente deu como resultado a conquista do título de liga e o ascenso a 3ª división A, a estrea do noso senior nesta nova categoría non puido comezar mellor.

Chegaba a Caselas un clásico da categoría, o Rías Baixas, equipo que aspira a estar na zona alta da tabla, cun poderío físico impoñente. Un rival perfecto para medir o nivel dos nosos dende o primeiro día de competición.

O Caselas, presentábase a este primeiro choque con 3 baixas importantes e, tras unha pretempada con varios contratempos, o noso adestrador Adrián, contaba con 8 xogadores para conformar a convocatoria.

Os locais saíron moi enchufados e valentes nos primeiros minutos. A concentración defensiva e o acerto nos primeiros tiros, proporcionaron tempranas ventaxas no marcador (10-2 min. 5’). Pero pronto o Rías meteuse no partido, e, sempre con 2 pivots moi grandes en cancha, remataron o primeiro cuarto 4 puntos arriba.

O segundo cuarto fíxose eterno para os nosos. O equipo visitante dominou por completo este periodo, cun gran equilibrio interior – exterior, que desbordou ao Caselas, que ainda que en ataque xogou con disciplina (iso sí,fallando canastras fáciles), o acerto nos triples e dominio interior dos vigueses, minaron a nosa moral , e tras unha tripla no derradeiro segundo , o marcador mostraba un desalentador 29-41 no descanso.

Despois do paso polos vestiarios, e unha tripla de Jano para iniciar o terceiro cuarto, o Caselas encaixou un parcial de 9-0 en contra, o que facía presaxiar unha dura e longa segunda parte para o Caselas.

Pola contra, despois dun tempo morto local (32-50 para Rías), e co apoio incansable da grada (INCREÍBLE O PÚBLICO TODO O PARTIDO), os locais comezaron unha remotada épica.

Os derradeiros 17 minutos de partido, o Caselas borrou da pista ao equipo visitante a través dunha gran defensa presionante a toda pista, que ten que ser unha das señas de identidade deste equipo este ano. 

As recuperacións de balóns constantes, provocación de malos tiros e loita incrible no rebote por parte dos nosos (que dominaron o rebote defensivo, o cal ten moito mérito pola evidente superioridade física e de altura do Rías), xunto cun xogo de ataque con moito criterio, sen egoismos e cun gran acerto no tiro exterior (favorecido polo bo movemento de balón, tanto contra defensa individual e zonal dos vigueses) provocaron un parcial de 42-18 e o consecuente deilirio e festa no pavillón Municipal de Salceda de Caselas.

O gran esforzo dos 8 xogadores e co público animando e empurrando sen parar, deu como resultado unha valiosa victoria, que dará confianza para afrontar o primeiro tramo dunha liga que promete ser moi dura e que demostra que ainda que o tamaño é importante neste deporte, non é definitivo!

Na próxma xornada o Caselas xogará o domingo ás 17:00h no CUVI fronte outro rival de renome: PUERTO DE VIGO.

Arriba Caselas!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: Cronicas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?