Onte recibimos a visita do Presidente de Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernardez, acompañado da Vicepresidenta Susana García.

Un pracer recibilos no noso querido pavillón para estreitar lazos coa Federación e tentar mellorar o futuro do noso deporte a nivel local e xeral.
Pola súa banda expuxéronnos o traballo realizado neste dous anos de mando, a súa forma de entendelo funcionamento da Federación e as melloras que plantexan de cara a un futuro a curto prazo.






Dende o Baloncesto Caselas, démoslles a coñecer o noso proxecto de Club, consultamos dúbidas e expuxemos os problemas e incidencias que nos atopamos no día a día.
Cremos firmemente que non hai mellor forma de avanzar que remando xuntos.
Grazas a Julio e Susana por adicarnos o seu tempo e agardamos que esta relación augure un gran futuro para o noso deporte.
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments