Dende o noso patrocinador Electra Alto Miño ofrécenos unha serie vantaxes e descontos nalgúns dos seus servizos para @s soci@s do noso Club.
Estes descontos están dispoñibles tanto se xa es cliente de EAM como se queres contratar algún novo servizo.
TELECOMUNICACIÓNS – FIBRA ÓPTICA

Se xa tes a túa conexión de Fibra óptica ou se queres contratar este servizo, EAM ofréceche:
- Conexión de Fibra óptica 300/300.
- 20€/mes o primeiro ano.
- A partir do segundo ano 24€/mes.
- O desconto vai asociado a unha permanencia de 24 meses. A permanencia non se aplicará en caso xustificado (traslado domicilio, desemprego, etc).
ENERXÍA SOLAR

Se estás pensando en pasarte a enerxía solar estás de noraboa EAM ofrécelle os soci@s do Baloncesto Caselas vantaxes que te convencerán:
- Batería Virtual, o que non consumas revertirase na túa factura.
- Instalación preferente sobre resto de clientes.
- 5% de desconto (se es cliente de luz e fibra).
Se estás interesado en acollerte a alguna destas vantaxes podes porte en contacto con EAM dos seguintes modos e indicarlles que es soci@ do Club Baloncesto Caselas e o teúrgias número de soci@.
- Acude a oficina de EAM en Salceda ou en Salvaterra.
- Remite un mail a clientesfibra@eamsalvaterra.com.
- Chama o teléfono 986658210.
Se todavía non es soci@ non esperes máis