Unha tempada máis o C.B. Caselas participou no gran TORNEIO INTERNACIONAL EUROCIDADE DE VALENÇA DO MINHO, PORTUGAL, unha cita moi agardada pol@s nos@s rapaz@s!

Trátase dun enorme evento con 41 equipos e 520 xogador@s de 13 clubes de toda Galicia e Portugal en dous días de moito baloncesto, actividades e convivencia, que resulta unha tremenda e enriquecedora experiencia para tod@s @s participantes.

Os nosos equipos de categoría Premini, Mini Feminino e Mini Masculino divertíronse a reo, portáronse xenial e déronno todo nos sete partidos que xogaron cada equipo, deixando o nome do C.B. Caselas nun alto lugar durante os dous días de torneo, tanto polo seu nivel deportivo como sobre todo polo seu comportamento e actitude!

Temos que agradecer encarecidamente ao BC VALENÇA a xenial e espectacular organización coa gran dificultade que supón levar a cabo un torneo con semellante cantidade de participantes.

Tamén dar as grazas pola súa hospitalidade, facéndonos sentir coma na casa un ano máis.

NORABOA POLO VOSO GRAN TRABALLO!

Ata a tempada que ven!

COMPETICIÓNS CANASTRA GRANDE

CADETE FEMININO

C.B. TUI 32 – 47 C.B. CASELAS NOREXCA

Gran partido das cadetes na pista do C.B.Tui o pasado venres, nun duelo que xa se repetíu ata 5 veces esta tempada … e aínda queda un sexto encontro entre ambos os dous equipos!

As de Adrián están nun bo momento e por fin contan con todas as xogadoras dispoñibles despois de varias lesións durante este curso, feito que nótase positivamente á hora de rotar nos partidos.

Neste quinto encontro perante Tui as nosas comezaron a atopar certas solucións ante a defensa en zona plantexada polo equipo rival, e o Caselas levouse unha merecida e importante victoria por 15 puntos no partido de ida das semifinais do seu grupo. Grandes!

O domingo que ven ás 16:00h desputaremos a volta na casa. Animádevos a acudir ao pavillón para apoiar as nosas!

CADETE MASCULINO

SEIS DO NADAL 61 – 64 C.B.CASELAS BALIDEA

Partido moi duro e emocionante o xogado polo Cadete Balidea na sempre difícil pista do Seis do Nadal vigués, no que os de Julián competiron moi ben a pesares do pouco acerto de cara o aro no tiro exterior, levándose un valioso triunfo antes do parón da competición de Semana Santa.

C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS 48 – 54 C.B. REDEIRAS

Unha xornada máis e como ven sendo habitual o Cadete Construcciones Maceiras xogou un encontro igualado. Os de Luismi puideron levarse a victoria pero finalmente o triunfo caeu do lado do equipo moañés.

JUNIOR MASCULINO

C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO 44 – 55 NOVOBASKET VIGO

Encontro igualado do Junior Masculino onde os de Charli competiron ben a pesares das baixas por lesión e as excursións. Bo esforzo rapaces!

INFANTIL MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 44 – 76 PBB A

Os rapaces do Infa Masculino Hermanos Núñez competiron ben ante un durísimo rival, realizando un bo partido e saíndo contentos polo esforzo e xogo que mostraron!

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 20 – 26 PBB C

Encontro igualadísimo e de pouca anotación o xogado polo Infantil Masculino Natural Granite que decidíuse nos derradeiros instantes de xogo!

SENIOR FEMININO (DOBLE XORNADA)

IGUALDADE CAMBADOS 64 – 57 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 19 – 18 / 14 – 15 / 15 – 19 / 16 – 5

Anotadoras: Cris 21; Alejandra 18; Elena 12; Tamara 6; Iria; Raquel; Joana; Alba G.; Elena T.

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 40 – 50 APÓSTOL VIGO

Parciais: 8 – 13 / 10 – 13 / 8 – 16 / 14 – 8

Anotadoras: Alejandra 15; Cris 13; Tamara 6; Elena V. 4; Alba G. 2; Iria; Raquel; Joana; Elena T.

O Senior Feminino disputou dous encontros en tres días nos que o equipo de Joseba competíu ata o final en ambos partidos. Despois do parón polas vacións, xogaremos o derradeiro partido de liga en Xinzo.

SENIOR MASCULINO

MAR DE VIGO 77 – 47 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 19 – 12 / 14 – 17 / 14 – 6 / 30 – 12

Anotadores: Manu L. 9; Pablo S. 8; Iván 7; Girma 6; Álex 6; Xur 5; Héctor 4; Rober 2; Jose; Fredi; Manu G.

Dura derrota do senior masculino na súa visita ao Mar de Vigo, nun encontro no que os de Martín xogaron ben na primeira metade pero na segunda cometeron numerosos erros defensivos que castigaron moito ao equipo ante un rival que foi a por todas.

Os nosos están un pouco de baixona despois de perder a oportunidade de clasificarse para os playoffs de ascenso, pero isto non empaña a gran tempada que fixeron na competición ligueira.

Agora, a dalo todo no derradeiro partido na casa o próximo sábado ás 16:00h para rematar con bo sabor de boca antes da copa!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Club Baloncesto Caselas
Ola 👋
En que podemos axudarche?