Fin de semana de moitas emocións para a familia do C.B.Caselas.
As catro competicións que continuaban en xogo traían retos importantes para os nosos equipos: mentras o senior feminino e masculino perderon as finais de copa, pero competindo e dándoo todo, o infantil e o cadete masculinos acadaban de maneira brillante o pase á FINAL FOUR copeira.
FINAL FOUR COPA SENIOR MASCULINO

SEMIFINAL
C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 79 – 57 C.B.MOS
Parciais: 12 – 12 / 25 – 13 / 20 – 15 / 22 – 17
Anotadores: Kentre Williams 26; Darrell Paxton II 12; Xur 10; Jorge 7; Eloy 7; Jose 6; Alex 4; Héctor 4; Rober 2; Iván 1; Fredi; Manu.
Na semifinal do sábado o equipo de Martín fixo un gran partido de esforzo colectivo, gañando merecidamente a Mos e clasificándose para a final do domingo.

FINAL
C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 60 – 79 PBB C
Parciais: 15 – 21 / 18 – 17 / 17 – 17 / 10 – 24
Anotadores: Kentre Williams 22; Xur 12; Darrell Paxton II 10; Jorge 8; Iván 4; Eloy 2; Rober 1; Héctor 1; Jose; Fredi; Manu; Alex.
Na final agardaban os nosos veciños de Porriño, e a pesares de que o Caselas intentouno e o deu todo, o PBB mereceu a victoria final.


FINAL COPA SENIOR FEMININA

SALESIANOS VIGO 66 – 38 C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE
Parciais: 8 – 12 / 19 – 3 / 24 – 9 / 15 – 14
Anotadoras: Alejandra 16; Tamara 14; Irene 4; Irene 3; Susi 1; Raquel; Iria; Elena; Iria.
As nosas senior chegaban a esta final para xogar contra o campión de liga, o Salesianos Vigo, e dispostas a dalo todo para competir este partido. Saímos moi enchufadas e o primeiro cuarto foi dominado polo Caselas, pero no segundo periodo o equipo vigués impuxo o seu ritmo.
Na segunda metade as de Joseba continuaron intentandoo, pero o pouco acerto no tiro exterior e a calidade do equipo vigués decantou merecidamente a victoria para o Salesianos.


Que é mellor, un marino ou un submarino?
Non puido ser, pero dous subcampionatos de copa senior non se acadan todos os días
Tremendamente orgullos@s dos nosos equipos senior feminino e masculino
Grazas a ambos polo temporadón e sobre todo polo voso comportamento e gran exemplo que represantades para a nosa canteira
MOI GRANDES
Grazas tamén aos nosos patrocinadores de categoría senior Lemmar Granite, S.L. e Hnos Nuñez Lorenzo S.L. por apoiarnos tanto unha tempada máis
Noraboa a Salesianos e Porriño polo título
CADETE MASCULINO

C.B.CASELAS BALIDEA 47 – 46 SALESIANOS VIGO A
Partido non apto para cardíacos o xogado polos nosos cadetes este pasado domingo no municipal de Salceda.
Os de Julián acadaron de maneira brillante o pase á Final Four da copa cadete a falta de unha xornada da liguilla logo de facer unha épica remontada no partido entre os únicos equipos invictos do grupo.

A falta de 50 segundos perdíamos de 5 puntos e como mostramos na foto, a victoria parecía que caería do lado de Salesianos, pero o corazón deste equipo é enorme e non acostuman a rendirse ata o derradeiro segundo. Unha canastra de Izan a falta de 4 segundos despois dunha gran defensa colectiva levou o delirio as gradas e certificou a victoria do Caselas. Noraboa rapaces, sodes moi grandes !
INFANTIL MASCULINO

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 54 – 51 SALESIANOS VIGO A
Outro equipo de Caselas que acada o pase á Final Four de copa. Nesta ocasión, o Infantil Masculino Hermanos Núñez, despois de vencer noutro partido moi emocionante tamén a Salsesianos A.
O Caselas xogará a semifinal a partido único o próximo SÁBADO 8 DE XUÑO e se gaña, disputará a final ao día seguinte.
Noraboa rapaces e a desfrutar desta gran experiencia!
CADETE FEMININO

C.B.CASELAS 40 – 41 C.B.TUI
O cadete feminino rematou a tempada oficial cun emocionante partido e como nos tivo acostumados este curso, nun final tremendamente igualado.
As de Adrián fixeron unha primeira parte irregular, pero agarráronse ao partido mediante un gran esforzo colectivo.
A falta de 3 minutos perdiamos de 12 puntos (28 – 40), pero o Caselas remontou cun parcial de 12 a 0, culminado por dous tiros libres da nosa xogadora Aicha a falta de 17 segundos, que empatou o partido a 40.
Nos derradeiros segundos o C.B.Tui sacou unha falta e anotou o tiro libre que lles daría a victoria.
Remata así a competición para o noso cadete feminino, un equipo do que estamos termendamente orgullos@s pola súa evolución tanto individual como colectiva, que competíu a tope durante toda a tempada, incluíndo este tramo final contando con importantes baixas por lesión.
Sodes grandes rapazas, para o ano máis e mellor!
LIGA DOS INSECTOS 2024
Onte, luns 3 de xuño, comezou unha nova edición da gran Liga dos Insectos, un dos eventos máis agardados por toda a familia do Caselas.
Serán 5 xornadas de moito baloncesto e convivencia entre pequen@s e maiores, nas que como xa é tradición participarán tod@s @s xogador@s de todas as categorías do clube.
Xa notades o ritmo no corpo, non sí???
Como colofón final a esta nova edición da Liga teremos o GRAN CONCERTO DE A BANDA DOS INSECTOS, proxecto educativo – musical do noso coordinador deportivo Adrián Salgado, que tocarán en sesión vermú o DOMINGO 16 DE XUÑO xusto despois dos partidos finais da derradeira xornada e a entrega de medallas, nun evento ao aire libre e no que as familias poderán desfrutar de música en directo, refrescos, bebidas e Porco no Espeto !
Agardámosvos!

Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments