Esta pasada fin de semana, os nosos equipos desputaron a primeira xornada oficial deste ano 2023. Todas as categorías do clube (agás Baby, que agarda o seu turno para debutar moi prontiño e o Junior Feminino que descansou) xogaron os seus respectivos partidos.
SENIOR MASCULINO
CLUB BALONCESTO NIGRÁN 64 – 42 C.B.CASELAS
Parciais: 21 – 13 / 14 – 12 / 17 – 7 / 12 – 10
Anotadores: Xur 14; Eloy 8; Maki 7; Pedro 6; Pablo 3; Rober 2; André 2; Héctor; Iván; Fredi.
Partido difícil para o noso senior masculino no retorno da competición despois das vacacións de Nadal. O caselas visitaba ao segundo clasificado do grupo, un equipo repleto de xogadores de moita calidade. Unha boa oportunidade para competir a un nivel alto e continuar a medrar como equipo.
A primeira parte, sobre todo no segundo periodo, o Caselas competíu ben e prantou cara aos locais, manténdose a catro e cinco puntos no electrónico pouco antes do descanso. Na segunda metade, os nosos foron superados polo Nigrán, que fixeron valer o seu oficio e experiencia.
O próximo sábado 21 de xaneiro, recibimos no municipal de Salceda ao líder da competición, o Rías Baixas vigués.
CATEGORÍAS BASE
A nosa canteira o deu todo esta fin de semana. Había moitas ganas de partido!!!
PREMINI MASCULINO
NOVOBASKET C 17 – 28 C.B.CASELAS
MINI MASCULINO
C.B.CASELAS 48 – 9 BASKETGAL SAN JOSÉ OBRADOIRO
MINI FEMININO
C.B.CASELAS 8 – 58 MIRALBA NARANJA
INFANTIL MASCULINO
C.B.CASELAS 48 – 73 CÍA DE MARÍA
INFANTIL FEMININO
C.B.CASELAS 32 – 47 C.B. TUI
CADETE MASCULINO
C.B. NIGRÁN 32 – 73 C.B.CASELAS
Continuamos a traballar duro para que tod@s @s xogador@s da base melloren e desfruten do baloncesto. A vindeira fin de semana celebraremos o gran sorteo das rifas no descanso do partido senior masculino. Non faltedes !!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments