Levar a diante este club supón traballo e dedicación pero é un esforzo ben agradecido. Cada hora empregada no club e nos nen@s volta en forma de boas novas e agradecemento.
Neste caso a boa nova cheganos dende a nosa campaña de roupa #presumedeclub. Fai un par de semanas chegounos o noso primeiro pedido extracomunitario 😅, nada máis e nada menos que dende Navarra.
E nós prestos e emocionados preparamos o pedido e contactamos co feliz siareiro para coñecer a historia da sudadeira que saía rumbo a terras Pamplonicas.
E así descubrimos a un antigo xogador e adestrador do Caselas, que levado polos bos recordos que tiña do seu paso polo noso club pedira una sudadeira para ter un pedaciño do Club alá por Navarra.
Graciñas @ivan.caminabugarin, polo que me contan ti tamén deixaches un bo recordo no C.B. Caselas e estás convidado a voltar xa seña como xogador ou adestrador cando a vida te volva a traer por estes lares.
Xa sabedes que todo o recadado coa venda de roupa ou carnets de soci@ destínase ós nen@s de noso club e a promoción do baloncesto. Así que se vos apetece pasádevos pola nosa web!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments