SENIOR MASCULINO

PBB C 71 – 59 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ
Parciais: 24 – 10 / 14 – 15 / 12 – 15 / 21 – 19
Anotadores: Eloy 14; Girma 9; Xur 8; Jorge 5; Pablo S. 5; Manuel L. 5; Álex 4; Héctor 4; Iván 3; Jose 2; Rober; Pablo C.
Partido duro o xogado polo noso Senior Masculino en Porriño o pasado sábado, no que os nosos acabaron con derrota no derbi rexional.
Os de Martín saíron ben ao partido pero pronto comezaron a cometer erros defensivos que permitiron aos locais adquirir unha vantaxe importante ao rematar o primeiro periodo.
A partir do seguno cuarto o Caselas competíu moito mellor e igualou o nivel de intensidade do PBB, pero a remontada (nos últimos minutos do encontro puxémonos a solo 6 puntos no marcador), debido a varios erros de canastras fáciles, a mala defensa dos bloqueos indirectos e o bo partido do equipo rival, non puido culminarse.
Agora toca repoñerse para afrontar os dous partidos que temos por diante, ambos na casa:
XOVES 20/Febreiro 21:00h VS Rodaballo
DOMINGO 23/Febreiro 20:00h VS EXO CBO Vigo
Achegádevos ao pavillón de Salceda para animar ao equipo!
PREMINI MIXTO

C.B. CASELAS 23 – 21 GARCÍA BARBÓN
Nova xornada para o Premini Mixto no Pavillón Universitario do CUVI, que xogou por primeira vez na tempada perante o equipo vigués do Colexio García Barbón.
E vaia partidazo que desputaron!!!
@s de Manolo desfrutaron e fixeron desfrutar ao público cun divertido e emocionante encontro que se decidíu nos últimos instantes de xogo, coa victoria do Caselas.
Noraboa polo esforzo rapaz@s !
INFANTIL MASCULINO

LOS SAUCES 39 – 53 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE
O Infantil Masculino Natural Granite fixo un gran partido a pasada fin de semana na súa visita ao Colexio dos Sauces en Mos.
Os de Luismi, con catro minis na convocatoria, fixeron un bo partido e todos os rapaces aportaron o seu gran de area para acadar esta victoria a domicilio.
Grandes !!!
PBB A 53 – 2 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ
Un Infantil Masculino Hermanos Núñez plagado de baixas (David, Iago e Mario están lesionados), tiveron unha dura mañá no Pavillón Municipal de Porriño.
Ánimo e a seguir!
Os demáis resultados da xornada, foron:
JUNIOR MASCULINO

PBB A 87 – 38 C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO
CADETE MASCULINO

C.B. CASELAS BALIDEA 48 – 98 PBB A
CB. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS 40 – 59 NOVOBASKET
INFANTIL FEMININO (DOBLE XORNADA)

C.B. CASELAS EAM 22 – 46 C.B. CONDADO
SALESIANOS B 69 – 34 C.B. CASELAS EAM
MINI FEMININO

C.B. TUI 55 – 5 C.B. CASELAS JGC VENDING
MILLÓNS DE GRAZAS COMA SEMPRE AOS NOSOS PATROCINADORES E COLABORES!
Sen a vosa axuda, nada do que facemos podería saír adiante!!!

PARTIDO CELTA FEMININO 1ªDivisión LIGA ENDESA

O pasado xoves unhas 20 persoas do C.B. Caselas entre xogador@s, corpo técnico, familiares e directiva, acudiron como cada tempada ao partido do Celta Feminino de LIGA ENDESA.
Nesta ocasión desfrutamos dun partido moi igualado que finalmente levouse o equipo visitante do Gernika por 52 – 57.
Grazas ao Celta coma sempre pola invitación!
FAITE SOCI@ DO C.B. CASELAS!

PERMANECEDE ATENT@S, ESTA SEMANA PUBLICAREMOS INFORMACIÓN DE VARIAS ACTIVIDADES QUE LEVAREMOS A CABO MOI PRONTIÑO !!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments