Xornada moi positiva en sensacións e resultados para os equipos do clube, ao igual que a fin de semana pasada.

Coma sempre comentamos, haberá veces que gañemos moitos partidos e noutras non tantos. Sempre gusta gañar pero temos claro que non valoramos o traballo e mellora dos nosos rapaz@s baseándonos nos marcadores dos partidos.

SENIOR FEMININO

C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE 43 – 30 TRANSPORTES CAMESELLE O MECO

Parciais: 12 – 9 / 12 – 4 / 12 – 15 / 7 – 2

Anotadoras: Alejandra 19; Tamara 16; Laura 2; Lucía 2; Elena 2; Susi 2; Cris; Iria.

Partido moi serio do noso senior feminino, que a pesares das 4 baixas coas que contaba o equipo acadaron unha nova victoria ante un rival contra o que perderamos no encontro de ida.

O choque tivo un marcado caracter defensivo imposto polas nosas, que traballaron moi ben tanto no rebote coma no lado débil, aspectos que temos que continuar a mellorar e que nas últimas semanas o estamos conseguindo.

En ataque tivemos bos momentos, pero non estivemos demasiado acertadas (no derradeiro periodo apenas houbo anotación, cun parcial de 7 – 2 a favor do Caselas).

A través do esforzo colectivo conseguimos a terceira victoria consecutiva do equipo e a cuarta nos cinco últimos partidos. Sodes un orgullo para este clube. Continuemos así!

MINI FEMININO

C.CASELAS 51 – 39 CELTA ZORKA RECALVI

Partidazo do noso mini feminino ante o Celta Zorka Recalvi. As rapazas acadaron unha victoria merecida e de moito valor que evidencia a mellora de todas as xogadoras individualmente e como equipo durante esta tempada.

Independentemente de gañar ou perder, este grupo continúa a medrar cada día. Noraboa rapazas!

SENIOR MASCULINO

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 77 – 57 C.B.REDONDELA

Parciais: 14 – 15 / 10 – 12 / 21 – 12 / 32 – 18

Anotadores: Kentre Willimas 15; Xur 12; Jorge 10; Jose 10; Eloy 7; Alex 6; Fredi 5; Iván 4; Rober 2; Darrell Paxton 2; Héctor 2;Manuel 2.

Partido irregular do noso senior masculino que xogou o seu mellor baloncesto na segunda metade do encontro. Os 12 xogadores anotaron e aportaron o seu gran de area para acadar a cuarta victoria consecutiva e manterse así invictos na segunda fase da competición. Continuemos traballando!

CADETE MASCULINO

C.B.CASELAS BALIDEA 67 – 59 NOVOBASKET B

Partidazo de altura na categoría cadete masculina o vivido o pasado sábado ás 18:00h no Pavillón Municipal de Salceda de Caselas. Estaba en xogo o primeiro posto do grupo e os dous equipos ofreceron un gran espectáculo e o deron todo en busca da victoria.

Nun encontro igualadísimo e repleto de alternativas no marcador, o esforzo final dos rapaces do Caselas decantou o partido para o noso lado.

Noraboa e a continuar traballando e desfrutando desta gran tempada do equipo!

INFANTIL MASCULINO

C.B.CASELAS NATURAL GRANITE 49 – 43 NS ESPERANZA NARANJA

SALESIANOS VIGO A 56 – 41 C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Gran esforzo de ambos os dous equipos infantiles, que xogaron dous partidos moi intensos e igualados. Destacar a segunda victoria consecutiva do Infantil Natural Granite, froito do seu traballo diario. Noraboa!

MINI MASCULINO

DEFENSORES DO MORRAZO 73 – 45 C.B.CASELAS

Bo esforzo do mini masculino que, debido a varias baixas, tivo que completar a convocatoria con 3 xogadores premini.

C.B.REDONDELA 2015 7 – 38 C.B.CASELAS

O premini mixto continúa a súa boa xeira de resultados e segue a mellorar cada día. Noraboa!

CONCENTRACIÓN BABY

Qué ben o pasamos nesta nova concentración baby do pasado domingo no noso pavillón! Esta foi a segunda xuntanza organizada polo Caselas neste curso e agardamos que non sexa a última. Da gusto reunir a tant@s peques nunha pista de baloncesto. Desfrutaron ao máximo e fixeron as delicias do numeroso público presente.

Graciñas aos nove equipos participantes, adestrador@s e familias polo comportamento nesta xornada. En especial aos nosos babys e aos xogador@s cadetes do clube que botaron unha man na arbitraxe.

PRÓXIMAS ACTIVIDADES NO C.B.CASELAS:

TORNEO INTERNACIONAL EUROCIDADE DE VALENÇA DO MINHO, PORTUGAL

Unha tempada máis estaremos puntais nunha cita xa clásica no C.B.Caselas: participaremos no XX Torneio Internacional Eurocidade de Valença do Minho, Portugal os próximos 23 e 24 de marzo coas categorias Premini Mixto, Mini Feminino e Mini Masculino.

Serán dous días de moito baloncesto e concivencia, con máis de 200 rapaces e rapazas de todo Portugal e Galicia. Como novidade deste ano, quedaremos a durmir a noite do sábado, actividade que non se facía dende o curso anterior á pandemia do Covid.

A desfrutar desta gran experiencia!

VIAXE A SANTIAGO

Moitas grazas a tod@s os xogador@s, familias e soci@s do C.B.Caselas pola gran acollida que tivo a convocatoria para asistir ao partidazo ACB entre o Obradoiro e o Barça o próximo domingo 31 de marzo!

En apenas dous días cubríronse as 59 prazas de bus. Unha auténtica locura!

Todavía podedes adquirir a vosa entrada con prezo especial para a familia do Caselas neste enlace:

https://docs.google.com/forms/d/1ruJWa1CuGGpZ2jseWVs7eTfdXUW5A7OiVijAAH4ZDfA/edit

A competición oficial para e voltará a fin de semana do 6 e 7 de abril e suporá o pistoletazo de saída para a recta final desta tempada 2023-24 que está a ser apaixoante!

VAMOS CASELAS!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: CronicasNovas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?