Este pasado domingo ás 17:00h tivo lugar no municipal de Salceda o partido de ida das semifinais de liga Infantil Masculina, que enfrentaba aos nosos perante o equipo de Basketagal Sauces Obradoiro…e vaia partidazo!!!
C.B.CASELAS 54 – 59 BASKETGAL SAUCES OBRADOIRO
O encontro non defraudou ao numeroso público asistente, e ambos equipos mostraron un gran nivel de xogo e intensidade, demostrando por qué están en semifinais. A aficción do Caselas (con gran presenza de familias e xogador@s de todas as categorías do clube) non parou de animar aos nosos dende o primeiro minuto ata o último e desfrutaron dun gran ambiente de baloncesto. GRAZAS A TOD@S DE CORAZÓN!!!
O partido foi vibrante dende os primeiros instantes de xogo, cunha primeira metade dominada polos visitantes, que marcharon ao descanso con 16 puntos de vantaxa no marcador.
Pero os nosos infas teñen moito baloncesto dentro e moito corazón, e lonxe de virse abaixo, saíron dos vestiarios decididos a loitar ata o final.
Cunha remontada tremenda, chegamos a poñernos a un punto dos visitantes (50 – 51) a falta de 3 minutos para rematar o encontro.
Co resultado final de 54 – 59 para os vigueses, as opcións de gañar a eliminatoria do Caselas mantéñense intactas. O pase á gran final de liga decidirase o próximo sábado na cancha dos Sauces, nun partido que promete ser épico!
Noraboa a ambos equipos polo seu xogo e comportamento deportivo en todo momento!
Pase o que pase, estamos tremendamente orgullosos dos nosos!
SENIOR MASCULINO
C.B.ELÉCTRICA SESTELO 70 – 48 C.B.CASELAS
Parciais: 14 – 7 / 26 – 15 / 16 – 13 / 14 – 13
Anotadores: Maki 14; Pablo 8; Eloy 6; Jose 5; Iván 4; Fredi 3; Xur 3; Alex 3; Rober 2; André; Héctor; Jorge.
Dura derrota do C.B.Caselas Senior Masculino, que buscaba a súa terceira victoria consecutiva neste inicio da copa, pero que se topou cun rival que nos ten tomada a medida. As 11 triplas anotadas polo Ponteareas marcaron a diferenza nun partido no que o Caselas non estivo fino.
Agora toca adestrar duro e ir a polo seguinte partido na pista do Seis do Nadal Coia.
JUNIOR FEMININO
C.B.BAIONA 47 – 39 C.B.CASELAS
Gran partido do noso junior feminino, que prantou cara ao líder da competición.
Tras unha primeira metade irregular, chegamos ao descanso 9 puntos abaixo. Na segunda metade o Caselas xogou a un nivel moi alto e loitou como nunca para agarrarse ao partido. Con 12 puntos abaixo ao inicio do cuarto periodo e a través dun gran esforzo colectivo, conseguimos situarnos a tres e con posesión de balón cando restaban tres minutos para o final. Finalmente non conseguimos culminar a remontada, pero tanto as rapazas como o adestrador saíron cun soriso de Baiona.
INFANTIL FEMININO
PBB A 55 – 43 C.B.CASELAS
MINI FEMININO
SALESIANOS B 56 – 6 C.B.CASELAS
MINI MASCULINO
DEFENSORES DO MORRAZO 28 – 41 C.B.CASELAS
PREMINI MASCULINO
C.B.CONDADO 21 – 53 C.B.CASELAS
A próxima fin de semana, máis!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments