Nunha xornada na que ao Senior Masculino tocáballe descansar de cara á copa, os nosos equipos de base viviron unha fin de semana apaixoante.
Queremos felicitar a tod@s @s xogador@s e adestrador@s polo esforzo e compromiso que mostran cada día, pero sobre todo pola súa actitude e comportamento ante as victorias e as derrotas. Este é o camiño para continuar mellorando e medrando como clube. Sodes moi grandes!
Todos os equipos deixaron a pel na pista. Imos destacar 3 partidos de infarto:
Junior Feminino
C.B.CASELAS 51 – 52 CELTA BOSCO
Partidazo total o xogado este pasado domingo ás 12:30h entre o noso Junior Feminino Natural Granite e o Celta Bosco no municipal. Este encontro quedará na memoria de tod@s @s que formamos parte do Caselas, e provoca un sentimento de orgullo enorme polas nosas rapazas.
Foi un partido moi competido e cunha intensidade altísima dende o primeiro ata o derradeiro segundo, entre dous equipos que xogaron a un ritmo moi alto e cun bo criterio ofensivo, cada un co seu estilo. Esta igualdade no xogo reflectíase no marcador, que mostraba un 26 – 24 ao descanso para o Caselas.
Á volta dos vestiarios, a intensidade non baixou, e tras un fulgurante inicio das nosas, con boas defensas que permitíronnos anotar varios contraataques, un Celta moi enchufado e cun poderío interior imponente, foise ao último cuarto con 9 puntos arriba: 36 – 45.
Lonxe de baixar os brazos, o Junior Feminino do Caselas, continuou moi concentrado, saíndo ben da presión a toda pista plantexada polo Celta, xogando con calma en ataque e loitando cada balón en defensa e nos rebotes, ofrecendo a un público entregado un final digno dun thriller:
A 50 segundos para rematar o encontro, un triplazo de Elena culminou a remontada: 50 – 49 para o Caselas, o que provocou o tempo morto das visitantes e a explosión de alegría na grada.
Os derradeiros segundos do encontro foron dunha gran tensión (deportiva), con ambos equipos en bonus, indo á liña de tiros libres en 3 ocasións (2 para o Celta e 1 para o Caselas).
Cun punto arriba no electrónico para as nosas, o árbitro sinalou unha falta a favor das visitantes, que anotaron os dous tiros libres a falta de 4 segundos, poñendo o definitivo 51 – 52. Unha mágoa non gañar, pero a derrota non resta nin un ápice o mérito que ten xogar un partido así perante o todo poderoso Celta.
Queremos felicitar a ambos equipos polo espectáculo e sobre todo ás nosas junior. Sodes un auténtico exemplo para as categorías inferiores do Caselas e estamos encantados con TODAS as XOGADORAS do equipo. É un auténtico pracer formar parte da vosa formación. Sigamos así!
Infantil Masculino
C.B.CASELAS 51 – 40 SEIS DO NADAL
Devolvíanos a visita da fin de semana pasada o SEIS DO NADAL (41 – 44 para o Caselas nese partido) e pintaba que sería un gran encontro.
Así foi: o noso infantil masculino atópase nun gran momento e nun partido no que nos 3 primeiros periodos estivemos un pouco despistados e imprecisos, o derradeiro cuarto foi realmente espectacular.
Con 9 minutos para rematar o partido, o electrónico mostraba un desalentador 23 -37 a favor dos visitantes. Pero este equipo ten unha moral de ferro, e aínda que as cousas non saían, seguiron animándose, creendo e intentando todo, ata desatar unha tormenta perfecta: un parcial de !28 – 5! dos nosos, grazas a unha defensa asfixiante, un ritmo tremendo e gran acerto de cara ao aro (17 puntos de Alex no derradeiro cuarto), fixeron posible unha épica remontada, deixando un marcador final de 51 – 40 a favor do Caselas, nun partido dos que fan afección.
Noraboa rapaces, máis que pola victoria, pola vosa actitude positiva, sempre apoiándose e esforzándose durante os 40 minutos. TODOS sodes partícipes da boa tempada do equipo.
Infantil Feminino
C.B. BAIONA 44 – 46 C.B.CASELAS
A derradeira xornada de liga regular Infantil Feminina, reservaba unha grata sorpresa para o noso equipo: a súa primeira victoria da tempada!!!
O traballo duro trae froitos, e estas rapazas, moitas delas que acaban de comezar a xogar ao baloncesto, outras xogando nunha categoría que non lle corresponde por idade e as máis veteranas sen competir en liga dende marzo de 2020, están formando un gran gupo unido e con moito esforzo están mellorando a tope.
O máis importante non é gañar ou perder, pero este partido lles dará confianza para seguir traballando como ata agora ou mellor!
Noraboa ao Baiona polo seu partido e comportamento. Foi un encontro espectacular por parte de ambos equipos. A falta de poucos segundos para o final, coa tensión cortándose cun coitelo e cun 42 – 44 para o Caselas, a sangre fría de Rocío permitíulle anotar 2 tiros libres definitivos para a victoria do Caselas!
Outros resultados foron:
Junior Masculino:
C.B.Nigrán 95 – 31 C.B.Caselas
Agradecer o esforzo dos rapaces e de Mariña, que a pesares de non poder adestrar durante á semana por un positivo, foron a xogar para tentar non ralentizar o apretado calendario das competicións e deron a cara perante un duro rival. Ánimo rapaces!!!
Mini Masculino:
C.B.Caselas 36 – 22 Mariano
Os de Xan continúan mellorando e o pasaron en grande neste partido, que é o máis importante!
Premini Fem:
Salesianos 50 – 0 C.B.Caselas
As nosas pequenas lles tocou competir no grupo 1 de premini feminino, contra equipos con moito máis bagaxe e experiencia que nós, pero continúan loitando sen complexos contra todo! Se continúan así, os bos tempos chegarán!
Como sinalamos no título desta crónica, estamos tremendamente orgullos@s dos nosos equipos de canteira. De TOD@S e cada un d@s nos@s XOGADOR@S. Da igual gañar ou perder. A veces toca e a veces non, pero a vosa enerxía, esforzo e entusiasmo é o noso motor e o que nos fai querer mellorar e medrar cada día.
Hoxe máis que nunca, ARRIBA CASELAS!!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments