SENIOR MASCULINO

SEIS DO NADAL COIA 65 – 58 C.B.CASELAS

Parciais: 17 – 13 / 12 – 12 / 15 – 18 / 21 – 15

Anotadores: Maki 18; Pablo 12; Pedro 8; Iván 7; Aitor 6; Alex 2; Jorge 2; Eloy 2; Xur 1; Rober; Jose; Héctor.

Encontro disputado o domingo ás 19:00h na sempre complicada pista do Seis do Nadal vigués, no que o xogo do Caselas estivo marcado pola irregularidade.

Na primeira metade os de Martín non atoparon o ritmo adecuado, pero o esforzo colectivo dos nosos provocou que o marcador se mantivera igualado.

No terceiro periodo xogamos mellor en ataque, pero varias perdas de balón en pases interiores non permitiron que o bo xogo ofensivo do Caselas tivera a importancia que debería no marcador. Ao inicio do derradeiro cuarto, o electrónico mostraba un 44 – 43, deixando todo para o final do partido.

Nos últimos minutos, entre as perdas de balón e as continuas faltas cometidas polo Caselas estando en bonus (os locais lanzaron 32 tiros libres con 19 anotados, polos 8 de 14 dos nosos), decantaron o partido para o Seis do Nadal.

A próxima fin de semana xogamos na pista do Illas Cíes vigués antes do descanso de Semana Santa. A adestrar duro esta semana!

JUNIOR FEMININO

SALESIANOS A 39 – 50 C.B.CASELAS

Partidazo das nosas junior nunha pista moi difícil perante un equipo que necesitaba a victoria para apurar as súas opcións de meterse na fase de ascenso.

O Caselas afrontaba o partido con moitas baixas, cunha convocatoria formada por oito xogadoras que chegaron a Salesianos dispostas a dar a campanada…e así foi!

Nunha primeira metade moi igualada o Caselas aguantou o ritmo alto de Salesianos e cun gran traballo defensivo e un ataque disciplinado, acadaron un gran resultado ao descanso: 23 – 20 para o equipo local.

Avecinábase unha segunda parte dura e emocionante. As nosas junior levan demostrando toda a tempada que son un EQUIPO con maiúsculas, cunha moral de ferro que lles axuda a xestionar ben situacións complicadas.

Nun terceiro cuarto espectacular sobre todo en defensa (deixamos ao equipo local en catro puntos anotados en todo o periodo), o Caselas impuxo claramente o seu xogo e nesta ocasión víuse reflectido no electrónico: 27 – 33 para as nosas despois dun triplazo sobre a bucina de Alejandra. O que noutros días non entrou, nesta ocasión sí o fixo.

No derradeiro cuarto, como é lóxico, o equipo local reaccionou, pero as nosas junior continuaron cunha moi boa dinámica ofensiva, con equilibrio interior e exterior e anotaron 17 puntos neste periodo, dominando así a segunda metade do partido cun parcial de 30 – 16.

Resultado final: 39 – 50 e un sorriso nas nosas facianas que durounos un par de días 🙂

Destacar que as oito xogadoras anotaron neste partido, dato moi importante e que evidencia o compañeirismo e compromiso que mostran estas rapazas. Todas son importantes e confían as unhas nas outras, e así todo é máis sinxelo.

Agora toca xogar a derradeira xornada de liga na casa contra o Compañía de María, nun encontro que promete ser apaixoante (perdimos 49 – 48 no partido de ida). Estamos tremendamente orgullosos de ter un junior feminino que despois de moitos anos de traballo está a competir contra todos os equipos e sacando moi bos resultados nunha liga junior dura e igualada.

Este domingo ás 12:30h esperámosvos a tod@s para animar ao equipo no derradeiro partido de liga!

CADETE MASCULINO

NOVOBASKET B 42 – 43 C.B.CASELAS

Gran partido dos cadetes, que despois de ir perdendo 33 – 19 ao descanso, remontaron nunha moi boa segunda parte, acadando un parcial de 9 – 24 e dándolle deste xeito a volta ao encontro.

Victoria moi merecida e froito dun esforzo colectivo no que todos participaron. Unha canastra de Izan a falta de 4 segundos para rematar o partido deixou o marcador final no 42 – 43 para o Caselas nesta primeira xornada de copa cadete.

INFANTIL MASCULINO

BASKETGAL SAUCES OBRADOIRO 81 – 54 C.B.CASELAS (volta das semifinais)

Non puido ser e o infantil masculino quedouse a un pasiño da final de liga.

Nun partido moi distinto ao de ida, os nosos prantaron cara e competiron ben, mais o equipo local acadou as primeiras vantaxes nun gran segundo cuarto.

Á volta dos vestiarios, os de Julián fixeron un moi bo terceiro periodo, o que permitía seguer a soñar cun final de partido igualado e apurar as nosas opcións de acadar o pase á gran final.

Non obstante, o Basketagal Sauces Obradoiro foi mellor en líñas xerais e conseguíu unha victoria abultada. Noraboa aos gañadores.

En canto aos nosos, cando chegas a unha semifinal e a perdes é lóxico estar un pouco decepcionados. Pero este grupo non vai parar de traballar e mellorar como levan a facer todos estes anos. Cando o das todo como así fixeron nesta eliminatoria, a satisfacción é moito maior que á decepción.

Sodes grandes, estamos tremendamente orgullosos de todo o equipo. Agora, a pola copa !!!

INFANTIL FEMININO

C.B.TUI 28 – 21 C.B.CASELAS

O infa feminino continúa a competir moi ben na fase polo título. Neste caso, nun derbi rexional cun marcador máis propio de balonmán que de baloncesto 🙂

Estamos moi contentos pola progresión do equipo e xogar estes encontros polo título axudará a asentar a progresión do grupo.

MINI FEMININO

C.B.CASELAS 3 – 53 SEIS DO NADAL

O mini feminino vai mellorando pouco a pouco e aínda que os resultados son moi abultados, estamos encantados coa progresión do equipo.

Despois destes días de tantas emocións, as próximas semanas virán cargadiñas de baloncesto:

Partido final do grupo 2 para o Mini masculino; derradeiro partido de liga regular para o junior feminino; viaxe a Santiago de Compostela para ver o gran derbi galego da liga ACB Obradoiro – Breogán…e para rematar, antes da Semana Santa os nosos equipos de Premini Masculino, Mini Feminino e Mini Masculino participarán un ano máis no Torneio Internacional de Valença do Minho, Portugal o sábado 1 e domingo 2 de abril!

Está a ser unha gran tempada para C.B.Caselas e aínda queda o mellor!

Permanecede atent@s para a seguinte crónica!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: CronicasNovas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?