SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 75 – 70 C.B. MOS
Parciais: 19 – 15 / 13 – 21 / 19 – 9 / 24 – 25
Anotadores: Manu L. 17; Xur 15; Pablo S. 10; Girma 10; Álex 7; Jorge 4; Eloy 4; Fredi 3; Rober 2; Jose 2; Iván 1; Héctor.
O Senior Masculino disputou un partido moi serio o pasado domingo na casa ante un duro rival como sempre é o C.B. Mos.
Os de Martín están xogando encontros de alta anotación nas últimas xornadas (feito que en principio non nos favorece) pero nesta ocasión o noso senior foi quén de acadar un importante triunfo nun partido de gran acerto ofensivo por parte de ambos os dous equipos.
Os nosos recuperan así a senda da victoria xusto antes de visitar ao Porriño no derbi comarcal da próxima fin de semana.
Noraboa e a continuar traballando!
SENIOR FEMININO

DEPORDIMA OURENSE 55 – 51 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE
Parciais: 13 – 16 / 10 – 13 / 13 – 12 / 19 – 10
Anotadoras: Alejandra 18; Tamara 15; Elena V. 6; Raquel 4; Cris 4; Iria 2; Joana 2; Alba G.;
As nosas senior xogaron un partido tremendo na cidade das burgas o pasado sábado perante o Depordima Ourense.
As de Joseba o deron todo nun encontro moi complicado, no que de novo foron oito xogadoras (temos tres lesionadas) e a nosa base Cris tivo que abandonar o choque no minuto 6 do primeiro periodo despois dunha lesión na man que lle impedíu voltar ao xogo.
Aínda así, o Caselas competíu moi ben ante un bo Depordima e foi por diante no marcador durante moitas fases do xogo; con moito esforzo e despois de 40 minutos moi físicos e de moito contacto, puido gañar calquera, pero a victoria quedou no casilleiro das locais.
Moi orgullos@s da gran imaxe do equipo nunha situación tan complicada. Grandes!

Por segunda fin de semana consecutiva, o noso Senior Feminino LR Natural Granite viaxou nunha furgoneta de PAIS AUTOMOCIÓN. Estamos encantad@s co voso servicio!
JUNIOR MASCULINO

C.B. TUI 77 – 60 C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO
O Junior Masculino visitou o pavillón vello de Tui o pasado sábado e competíu ben ante un gran rival.
Os de Carlos xogaron un bo encontro e continúan mellorando na dura segunda fase que están a disputar.
CADETE MASCULINO

C.B. CASELAS BALIDEA 68 – 54 SEIS DO NADAL
O Cadete Balidea continúa coa sua boa xeira de resultados nesta segunda fase da competición e nun partido moi físico e repleto de contactos contínuos, acadaron un novo triunfo na casa.
Os de Julián conseguiron sobrepoñerse ás baixas (a de Aarón para todo o partido e de Álex no descanso) grazas ao esforzo e compromiso de todos os rapaces. Grandes!
C.B. REDEIRAS 46 – 36 C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS
Novo partido igualado do Cadete Construcciones Maceiras, como ven sendo a tónica habitual nesta segunda fase.
Os de Luismi mostraron unha gran mellora defensiva, pero neste encontro non estiveron atinados de cara ao aro do C.B. Redeiras.
Bo esforzo!
CADETE FEMININO

SEIS DO NADAL 48 – 42 C.B. CASELAS
Qué gran partido das cadetes o pasado sábado na pista de Seis do Nadal!
Con soamente 5 xogadoras dispoñibles polas lesións (vaia racha que levamos neste aspecto) e coa axuda de tres infantiles (Sara, Uxía e Paola) o Caselas presentouse en Vigo co convencimento de facer un bo partido, e así foi.
As de Adrián fixeron un tremendo esforzo e estiveron 39 minutos por diante no marcador, con vantaxas que foron dende os 4 aos 10 puntos.
Sen embargo, o gran traballo tanto das infas como das cadetes, non supuxo o premio da victoria; o cansanzo e unha pizca de mala sorte impedíu que o triunfo non caera do lado do Caselas, que perdeu de maneira cruel nos derradeiros segundos. Noraboa ao Seis do Nadal.
Perder desta maneira non é prato de bo gusto, pero estamos segur@s de que as nosas valorarán o gran encontro que fixeron.
Grandes!
INFANTIL FEMININO

CELTA ROJO 53 – 3 C.B. CASELAS EAM
As infas continúan mellorando e a pesares do abultado resultado na visita ao Celta, saímos content@s pola mellora e dinámica que o equipo está adquirindo. A continuar traballando!
INFANTIL MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 60 – 33 NOVOBASKET VIGO
APÓSTOL VIGO 62 – 33 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE
Os infas xogaron dous intensos partidos nos que ambos equipos o deron todo. A seguir rapaces!
MINI MASCULINO

C.B. CASELAS ALVANOR 35 – 57 NOVOBASKET VIGO
Bo esforzo en casa do noso Mini Masculino ante o Novobasket Vigo na mañán do pasado domingo.
A próxima fin de semana tócalles descansar e iniciaremos a nova fase o 22-23 de febreiro!
MINI FEMININO

C.B. CASELAS JGC VENDING 54 – 51 SALESIANAS (Prórroga)
COLEXIO MIRALBA 18 – 30 C.B. CASELAS
Tremenda doble xornada a que disputou o Mini Feminino do Caselas, con dous partidos moi igualados nas que as nosas o deron todo, o pasaron xenial e ademáis leváronse dúas victorias que permítennos rematar como primeiras da fase e ascender ao grupo 2.

Despois deste gran logro das rapazas, temos que continuar desfrutando do baloncesto e medrar como grupo; a competición será todavía máis difícil nesta próxima fase, o que de seguro fará que as nosas minis melloren moitísimo!
PREMINI MIXTO

C.B. CASELAS 16 – 37 NS ESPERANZA
Derradeira xornada desta fase para o noso premini, onde @s rapaz@s o deron todo e competiron moi ben; continuarán divertíndose na seguinte xornada!

LESIÓNS
Nas últimas semanas estamos a sufrir lesións en varias categorías.
É o lado amargo do deporte que as veces toca vivir e , neste caso, viñeron todas xuntas.
Paciencia e ánimo a tod@s @s xogador@s que están lesionad@s. Pronto estaredes de volta !

ASISTENCIA AO PARTIDO DE 1ª DIVISIÓN DE BALONCESTO FEMININO LIGA ENDESA
CELTA BALONCESTO – GERNIKA KESB
Xoves 13/Febreiro/25 – 20:30h – Pavillón Municipal de Navia, Vigo
Un ano máis a familia do C.B. Caselas terá a oportunidade de presenciar un partido do Celta Baloncesto Feminino, nesta ocasión perante o equipo vasco do GERNIKA KESB, encontro correspondente á xornada nº 20 da máxima categoría do baloncesto español.

ENTRADA GRATUÍTA PARA TOD@S @S XOGADOR@S DE TODAS AS CATEGORÍAS DO C.B. CASELAS !!!
Vémonos ás 20:15h na porta principal do Pavillón de Navia!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments