SENIOR MASCULINO

C.B. RODABALLO 45 – 67 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Os de Martín acadaron a segunda victoria consecutiva nestas dúas xornadas iniciais de liga, xogando un partido moi serio en todo momento e dominando o xogo durante os 40 minutos.

SENIOR FEMININO

GIRALDO C.B. VILAGARCÍA 65 – 29 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE

Duro debut en competición oficial das rapazas do senior. Despois dunha primeira tempada espectacular o curso pasado, o senior feminino do C.B. Caselas afronta un inicio complicado con baixas de xogadoras importantes.

Estamos seguros de que o equipo irá mellorando e medrando pouco a pouco. Ánimo rapazas, sodes un orgullo para to o clube e tedes todo o noso apoio!

JUNIOR MASCULINO

SALESIANOS VIGO A 68 – 53 C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO

Os rapaces do junior competiron moi ben nunha difícil pista e ante un duro rival. A continuar así!

CADETE MASCULINO

SEIS DO NADAL B 45 – 83 C.B. CASELAS BALIDEA

SEIS DO NADAL C 127 – 22 C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS

Os dous equipos de categoría cadete masculina continúan traballando e competindo nunha dura liga. Ánimo!!!

CADETE FEMININO

SALESIANOS VIGO C 27 – 81 C.B. CASELAS NOREXCA

As rapazas do cadete feminino acadaron a primeira victoria da tempada nun partido moi completo onde todas aportaron o seu gran de area para impoñer o seu xogo e levarse o encontro. Noraboa!

INFANTIL FEMININO

C.B. CASELAS JGC VENDING 10 – 61 CLUNY SAN JOSÉ

O infantil feminino continúa a adaptarse á competición, xogando partidos duros nos que o resultado é o de menos. O importante é continuar mellorando e pouco a pouco competindo máis en cada encontro.

Ánimo rapazas!

INFANTIL MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 31 – 66 CÍA DE MARÍA VIGO

Os xogadores de Julián xogaron un partido de moito ritmo no que competiron ben na primeira metade pero na segunda os visitantes foron superiores. A continuar traballando!

A próxima semana máis e mellor á espera de que comecen a competir os equipos que faltan por comezar as súas ligas: Infantil Masculino Natural Granite, Mini Masculino Alvanor, Mini Feminino, Premini Mixto e Baby!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: CronicasNovas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?