Partido intenso e emocionante o xogado polo C.B.Caselas Senior Masculino contra o Seis do Nadal Coia na primeira xornada de copa.
O Caselas afrontaba este primeiro choque en casa coa ilusión de facer un bo papel neste torneo, e os de Martín xogaron un baloncesto moi serio.
SENIOR MASCULINO

C.B.CASELAS 51 – 49 SEIS DO NADAL COIA
Parciais: 17 – 8 / 15 – 15 / 9 – 16 / 10 – 10
Anotadores: Maki 20; Pablo 8; Eloy 6; Rober 4; Jorge 2; Iván 4; Jose 3; Aitor 3; Xur 1; André; Fredi; Alex.
Durante os primeiros 20 minutos, os nosos fixeron un gran traballo, xogando en equipo e sacando moito partido aos movementos de banda e fondo. Ambos os dous periodos foron do mellor da tempada ata agora.
Sen embargo, a pesares da sensación de superioridade no xogo, os visitantes sempre estiveron ahí e o Caselas chegou ao descanso sen acadar unha amplia vantaxe.
Á volta dos vestiarios, o partido tornou máis duro e cun ritmo de xogo máis lento, e o Caselas tirou de oficio para impoñerse nun apretado final: a falta de tres segundos e co marcador empatado a 49 puntos, Maki anotou unha gran canastra e os visitantes fallaron a tripla sobre a bucina.
Gran traballo de todos. Agora a adestrar e mellorar de cara á seguinte xornada, na que voltamos a xogar na casa o Sábado 4 de marzo ás 20:00h perante o Illas Cíes Vigués. No descanso deste partido celebraremos o SORTEO DO C.B.CASELAS. Acudide a animar e participade!
1º Premio: CESTA CULINARIA (C.B.Caselas)
2º Premio: CENA PARA DÚAS PERSOAS (Eido da Regueira)
3º Premio: AUDIOLIBRO PASADO A BOLA (A Banda dos Insectos)
CATEGORÍAS BASE
JUNIOR FEMININO

C.B.CASELAS 38 – 66 SEIS DO NADAL COIA
CADETE MASCULINO

SALESIANOS VIGO A 87 – 47 C.B.CASELAS
INFANTIL MASCULINO

C.B.CASELAS 66 – 29 SEIS DO NADAL COIA
MINI MASCULINO

SEIS DO NADAL C 44 – 35 C.B.CASELAS
PREMINI MASCULINO

APÓSTOL 54 – 4 C.B.CASELAS
VIAXE A OURENSE
Qué ben o pasamos na visita a Ourense para ver o derbi galego da liga LEB OURO!!!


Millóns de grazas ás familias polo voso apoio e colaboración nestas iniciativas que montamos!!!
Millóns de grazas á directiva e organización do COB Ourense pola súa amabilidade habitual e facernos sentir coma na casa!!!
Vémonos a próxima tempada!!!
VIAXE A SANTIAGO
Xa está aberta a inscrición para acudir co Caselas como cada tempada a un partido de liga ACB no Multiusos do Sar santiagués. Nesta ocasión, presenciaremos un interesante derbi galego entre o OBRADOIRO e o BREOGÁN. Será o sábado 25 de marzo. Animádevos!!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments