Tocaba xornada de descanso para o senior, pero non para a base: xogaron todos os equipos do Caselas de canastra grande e o premini masculino…

…e vaia partidazos!!!

JUNIOR FEMININO


C.B.CASELAS 47 – 39 SALESIANOS “B”

Nova victoria para o noso Junior Feminino, que faise forte na casa. Despois dunha primeira parte moi igualada, as xogadoras do Caselas dominaron o partido tras o descanso, aínda que non conseguiron en ningún momento distanciarse moito no electrónico, en gran medida debido aos tiros libres errados (aspecto a mellorar). Destacar o bo movemento de balón en ataque das nosas, con moitos extra pass para atopar a mellor opción perante a defensa en zona plantexada polo equipo visitante e o gran traballo defensivo na segunda metade. Noraboa rapazas!

CADETE MASCULINO
NOVOBASKET “B” 49 – 57 C.B.CASELAS

Outra victoria como visitante do equipo dirixido por Luismi, nun partido igualado que rematou decantándose a favor do Caselas grazas a aportación de todos os rapaces!

Destacar o gran papel que están a protagonizar os equipos do clube nas categorías cadete masculino e junior feminino, dúas competiciones moi duras e que sen dúbida mostran o gran compromiso e esforzo por parte de ambos os dous grupos. A seguir así!

INFANTIL MASCULINO

C.B.CASELAS 71 – 20 NOVOBASKET “B”

INFANTIL FEMININO

C.B.CLUNY 28 – 79 C.B.CASELAS

@s nos@s Infas masculino e feminino tamén acadaron a victoria nos seus respectivos partidos, mostrando tamén unha boa liña nesta tempada. A seguir traballando como ata agora…ou mellor!!!

PREMINI MASCULINO


SEIS DO NADAL “A” 61 – 11 C.B.CASELAS

Derradeira xornada da primeira fase da liga para o noso premini, encadrado nun grupo moi exixente. Os de Manolo o deron todo no partido e sairon cun gran sabor de boca do Pavillón Universitario do CUVI!

En resumo, foi unha gran xornada para os nosos equipos en canto aos resultados dos partidos. Coma sempre dicimos, haberá xornadas que gañemos moitos partidos, outras gañaremos menos, e outras, ningún. O importante é que @s rapaz@s desfruten deste marabilloso deporte de maneira sana e aprendan a competir o mellor posible e ao máximo das súas posibilidades, e acepten con deportividade as victorias e, sobre todo, as derrotas. O caselas traballa nesa liña e estamos encantad@s co comportamento e evolución de tod@s @s nos@s xogador@s!

A POR TODAS CASELAS !!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: CronicasNovas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?