O CLUB BALONCESTO CASELAS AXUDANDO NA FORMACIÓN DE NOV@S ADESTRADORES!
Dende o C.B. Caselas sempre otorgamos unha importancia capital á formación e preparación d@s nos@s adestrador@s, e nesta atípica tempada temos o pracer de anunciar unha experiencia nova e ilusionante para o noso clube: colaboraremos na formación práctica do Ciclo Medio de Baloncesto do IES Bouza Brey de Vilagarcía, único centro de educación pública en Galicia con esta titulación deportiva.

Coa colaboración das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Salceda, o noso coordinador deportivo Adrián Salgado (que está cursando tamén o ciclo, ao igual que outros adestradores do clube) será o titor dun alumno en prácticas dende o 16 de novembro e o 31 de decembro de 2020.
Toda unha experiencia para Adrián e para o Baloncesto Caselas, que esperemos sexa moi enriquecedora para tod@s, en especial para Pedro Marchante, que ven cunhas gañas enormes de aprender e aportar o seu gran de area na formación d@s nos@s rapaz@s!
Pedro estará este mes e medio adestrando con Adrián no Premini e o Mini “A” e estamos seguros que vai a aprender tanto de nós coma nós de él!
Moitas grazas ao Ciclo Medio de Baloncesto por contar con nós para este proxecto!
Xunto a Manolo, Luismi, Juan e Adrián, Pedro será un máis do corpo técnico durante unha pequena tempada!
Benvido Pedro e a desfrutar!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments