SENIOR MASCULINO

PBBC 71 – 52 C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ
Parciais: 15 – 15 / 22 – 17 / 21 – 11 / 13 – 9
Anotadores: Xur 12; Aitor 8; Iván 7; Rober 7; Jose 6; Manuel 6; Jorge 2; Alex 2; Héctor 2; Eloy.
O equipo de Martín competíu ben na primeira metade, máis non tivo o seu día. O gran ritmo imposto polo Porriño Baloncesto Base decantou o partido do lado local.
A seguinte xornada o Caselas visitará a pista do Puerto de Vigo.
SENIOR FEMININO

COLEXIO MARIANO 69 – 44 C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE
Parciais: 13 – 13 / 23 – 13 / 15 – 6 / 18 – 12
Anotadoras: Tamara 17; Alejandra 12; Laura 4; Iria 3; Susana 2; Irene 2; Saray 2; Raquel 2; Cristina; Lucía; Elena.
As de Joseba competiron ben na primeira parte do choque pero despois do descanso, a pesares de intentalo o equipo vigués do Mariano superou ao Caselas nun partido que comezou cun retraso de 45 minutos.
A próxima xornada xogaremos en Pontecesures perante o Río Ulla. A seguir traballando!
A malísima nova da xornada foi a grave lesión da nosa xogadora Gloria no adestramento senior do venres pasado. Será operada da tibia e peroné nos próximos dìas.
Todo o clube agarda unha pronta recuperación! Moito ánimo!!!

CADETE FEMININO

MIRALBA NARANJA 49 – 43 C.B.CASELAS
C.B.CASELAS 38 – 39 DEFENSORAS
As cadetes xogaron dous partidos moi igualados nesta dobre xornada de liga. As rapazas o deron todo, tiveron momentos de moi bo baloncesto e competiron a tope ambos os dous encontros, a pesares de comezar mal nos primeiros periodos.
Noraboa polo esforzo e a seguir mellorando!
CADETE MASCULINO

C.B.CASELAS 86 – 26 SALESIANOS VIGO B
Os cadetes continúan coa súa boa xeira de resultados, manténdose invictos nesta primera fase da competición. Este é un grupo que leva moitos anos xogando ao baloncesto e que saben convivir tanto coa derrota como coa victoria. Estamos seguros de que estes triunfos non desviarán ao equipo dos seus obxectivos principais: mellorar o máximo posible tanto individualmente e como grupo, ademáis de continuar desfrutando deste marabilloso deporte…parece que foi onte cando eran babys!!!
INFANTIL MASCULINO
Os dous equipos desta categoría tiveron sorte desigual nos seus partidos. Ánimo e continuar traballando!
C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 63 – 35 BASKETGAL SUACES OBRADOIRO
C.B.CASELAS NATURAL GRANITE 16 – 66 NOVOBASKET B
MINI FEMININO

SEIS DO NADAL 58 – 10 C.B.CASELAS
As mini o deron todo na pista do Seis do Nadal e continúan a mellorar nesta tempada!
PREMINI MIXTO

SALESIANOS VIGO B 29 – C.B.CASELAS 19
Por fin debutamos co noso premini mixto!
Apróxima fin de semana, máis e mellor!
Lembrade que o SÁBADO 18 de NOVEMBRO pola tarde celebraremos o acto de PRESENTACIÓN do C.B.Caselas no municipal de Salceda; despois do cal xogaránse os partidos do senior feminino e masculino, nunha xornada que promete, e que estará repleta de sorpresas e moito balocesto!

Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments