SENIOR MASCULINO
PUERTO DE VIGO 50 – 48 C.B.CASELAS
Parciais: 13-7 / 13-9 / 8-10 / 16-22
Anotadores: Alex 4; Pino 10; Migui 3; Hector 4; Pablo Cabaleiro 6; Pablo Casal 5; Ivan 4; Jose 12; Rober
O pasado sábao o Senior Masculino Hermanos Núñez perdeu 50 – 48 no seu duelo perante o Puerto de Vigo no Pavillón Universitario do CUVI.
Os de Martín non comezaron ben o partido cun parcial en contra de 00 – 11.
A partir de ahí, os nosos reaccionaron e fixeron un bo partido, que foi moi competido e igualado, e non se decidíu ata os derradeiros segundos.
O Caselas dispuxo dunha posesión final con dous abaixo no electrónico pero o tiro de Jose (que levaba tres triplas no partido) non entrou.
O partido significou a volta ás pistas Pablo Cabaleiro, un clásico do noso clube, que regresa ao Caselas seis anos despois de xogar o seu derradeiro partido.
Estamos encantad@s coa túa volta Pablo!
Restan 2 partidos de Liga Senior e os afrontamos coa ida de seguir mellorando e construíndo, buscando a primeira victoria da tempada pero sen obsesionarnos con ela.
A ilusión e as gañas na recta final de Liga e coa a Copa no horizonte deben guiarnos para seguir mellorando.
RESULTADOS CATEGORÍAS BASE:
Premini Feminino:
6 do Nadal 52 – 2 Caselas
Mini Masculino:
Caselas 27 – 52 Apóstol
Junior Feminino:
Caselas 23 – 55 Salesianos
Junior Masculino:
Caselas 17 – 79 Baiona
Seguimos traballando en diversos proxectos e actividades que, se a situación sanitaria o permite, temos moita ilusión en sacalos adiante.
O próximo domingo no Municipal será unha tarde de baloncesto con dous partidos e moitas sorpresas, permanecede atent@s!
ARRIBA CASELAS!!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments