Onte pola tarde quedaron instaladas as 4 novas canastras nos laterais da pista do noso pavillón.
Grazas o Concello de Salceda que nos suministrou este material indispensable para poder organizar de forma eficiente os adestramentos dos xa máis de 130 xogadorxs do Club.
As novas canastras, son máis manexables e modulables, de forma que un só adestrador poida durante unha tarde de adestramentos desplegar, recoller ou variar a altura do aro para adaptalo as distintas idades dos xogadorxs.
Por outra banda, as canastras podense recoller e plegar de xeito que non entorpezan outras actividades nen a visión dos afeccionados dende as gradas.
Agradecer en especial a axuda do Concelleiro de Deportes Marcos Troncoso e da bedel Marina que nos axudaron na montaxe e instalación das canastras.
Traballo conxunto e colaboración para seguir mellorando as instalacións das que desfrutan @s nos@s nenos e nenas.
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments