Aquí vos presentamos ao noso adestrador convidado desta IV edición do Campus de Verán do C.B.Caselas: DIEGO GÓMEZ

Diego Gómez González, actual axudante principal do COB OURENSE de LEB ORO (sí, o adestrador que dirixíu ao equipo no gran derbi contra o Obradoiro na visita da familia do Caselas ao Paco Paz debido á ausencia de Moncho López)

Un auténtico trotamundos, que despois de moitos anos adestrando en Galicia en clubes como Blanco Amor Ourense e Marín, emigrou a Taiwan para vivir unha experiencia profesional e personal única, antes de regresar á súa terra para afrontar o reto de axudar a Moncho López a devolver ao COB á Liga ACB.

Amante do baloncesto base, agora chega ao noso campus con moitas ganas de facer desfrutar aos nos@s xogador@s, que de seguro aprenderán moito con él na xornada do Xoves 26 de xuño!

Benvido ao noso campus Diego!

Traxectoria Profesional
•⁠ ⁠CB Blanco Amor (Cat.Inferiores 2013 – 2016)
•⁠ ⁠CB Marín Peixegalego:
-2016/17 (LEB Oro + categorías inferiores)
-2017/18 (EBA+ categorías inferiores)
-2018/19 (LEB Plata + categorías inferiores)
-2019/20 (LEB Oro + categorías inferiores)
•⁠ ⁠Taoyuan Pilots (P League – Taiwan) 2022-23
•⁠ ⁠Club Ourense Baloncesto
(LEB Oro + Primera FEB) 2023 – actualidade

Aproveitamos para anunciar que so quedan dispoñibles 4 prazas no campus 😍. Se estades en dúbidas aínda podedes capturar algunha, apurade!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Club Baloncesto Caselas
Ola 👋
En que podemos axudarche?