SENIOR FEMININO

DEPORDIMA OURENSE 48 – 53 C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 11 – 16 / 10 – 12 / 19 – 8 / 8 – 17

Anotadoras: Alejandra 17; Tamara 16; Cristina 9; Irene 3; Elena 3; Lucía 2; Laura 2; Saray 1; Raquel e Iria.

Boa victoria do noso senior feminino na súa visita a Ourense, nun partido moi igualado e que o Caselas sacou adiante con oficio.

O encontro estivo repleto de alternativas no marcador para un e outro equipo, cun choque de estilos: as nosas, coma sempre, buscando un ritmo alto, mentras que as locais tentaron impoñer un xogo máis pausado e plantexando defensa zonal durante practicamente os 40 minutos.

Despois dun mal terceiro periodo, no que chegamos a estar sete puntos abaixo, as de Joseba reaccionaron nun gran final de partido levándose merecidamente a victoria para Salceda.

Esta victoria debe dar ánimos ao noso senior feminino, despois de varios partidos nos que loitaron ata os derradeiros segundos pero que acabaron con derrota. O nivel mostrado polas nosas esta tempada está a ser moi alto, competindo a tope contra todos os equipos. Continuemos a mellorar!

SENIOR MASCULINO

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 80 – 64 SEIS DO NADAL VERMELLO

Parciais: 21 – 10 / 25 – 16 / 13 – 25 / 21 – 13

Anotadores: Kentre Williams 24; Xur 18; Darrell Lazall 9; Iván 6; Rober 6; Jorge 6; Eloy 4; Héctor 4; Jose 3; Fredi e Manuel.

Gran victoria do senior masculino no que probablemente foi o mellor partido a nivel colectivo do equipo de Martín nesta tempada 23-24.

O Caselas saíu moi enchufado na primeira metade, chegando ao descanso cunha diferenza de 20 puntos a favor.

Despois do paso polos vestiarios, os visitantes reaccionaron e metéronse no partido, pero os nosos voltaron a impoñer o seu xogo e nun bo cuarto periodo fóronse no electrónico e acadaron a victoria final.

Todos os xogadores aportaron o seu gran de area para chegar á máxima anotación do equipo neste curso. O partido serve tamén para continuar coa adaptación dos flamantes fichaxes do equipo: Darrell Lazall Paxton II que vai collendo confianza e Kentre Williams que, despois da súa total explosión no partido anterior con 38 puntazos, voltou a estar moi atinado no tiro exterior. Estamos encantad@s de contar con vós !!!

As victorias de ambos senior demostran o bo traballo que se está a realizar esta tempada, tanto por parte dos xogadores e xogadoras como polo corpo técnico.

Pero sobre todo, estamos moi contentos e orgullos@s do grupo humano que conforman os dous equipos e que serven como modelo de comportamento e compromiso para a nosa base. ARRIBA CASELAS !!!

RESULTADOS CATEGORÍAS INFERIORES

CADETE FEMININO

C.B.CASELAS 52 – 40 IES MENDIÑO C.B.REDONDELA

CADETE MASCULINO

C.B.CASELAS BALIDEA 78 – 30 C.B.BAIONA

INFANTIL MASCULINO

C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE 23 – 74 CLUNY BASKETGAL

C.B.NIGRÁN 42 – 73 C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

PREMINI MIXTO

C.B.NIGRÁN 37 – 31 C.B.CASELAS

Mini feminino e masculino descansaron e voltan á competición a vindeira fin de semana, mentras que o Baby participará en dúas concentracións o próximo mes de marzo!

III CAMPUS DE VERÁN DO C.B.CASELAS

Xa podemos anunciar as datas oficiais do noso terceiro campus de verán: o celebraremos do 24 ao 29 de xuño de 2024.

Despois das dúas primeiras edicións nas que desfrutamos a reo e quedamos moi content@s co resultado da actividade, non paramos de traballar para que esta nova edición sexa a mellor ata o de agora.

Pronto sacaremos máis información, pero ide reservando as datas!!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: CronicasNovas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?