SENIOR FEMININO

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 62 – 42 IGUALDADE CAMBADOS
Parciais: 16 – 17 / 19 – 7 / 8 – 11 / 19 – 7
Anotadoras: Alejandra 24; Tamara 13; Elena V. 11; Cris 7; Iria 5; Raquel 2; Joana; Alba G.; Elena T.;
Moi bo partido do noso equipo Senior Feminino, que recibía a visita do Igualdade Cambados, reeditando desta maneira o duelo de semifinais de copa da tempada pasada!
O C.B. Caselas impuxo claramente nos periodos pares o seu ritmo e xogo ofensivo apoiado nunha gran defensa, deixando ao equipo visitante en 7 puntos neses cuartos.
Con esta nova victoria (e xa van 3 nos últimos 4 partidos) grazas ao esforzo de todas as xogadoras, o equipo sitúase nun meritorio 5º posto da táboa clasificatoria. A continuar traballando !
SENIOR MASCULINO

NOVOBASKET VIGO 68 – 41 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ
Parciais: 24 – 10 / 12 – 7 / 16 – 10 / 16 – 14
Anotadores: Girma 10; Rober 7; Eloy 7; Pablo 6; Jose 3; Fredi 3; Álex 3; Manuel G. 2; Héctor.
Encontro complicado o que disputou o Senior Masculino na pista do Novobasket o pasado sábado.
Un gran primeiro periodo do equipo local sumado a despistes no balance defensivo do Caselas permitíu aos vigueses acadar unha vantaxe que se mantivo durante todo o partido.
Ánimo e a seguir mellorando!
CONCENTRACIÓN BABY

Por fin chegou o debut do equipo Baby na primeira concentración deste curso 24-25!

Unha tempada máis dende o C.B. Caselas organizamos este evento no que @s máis pequen@s do noso clube e doutros 8 equipos da contorna desfrutan e divírtense xogando ao baloncesto, nos que para moitos supoñen os primeiros partidos da súa vida !!!

Moitas grazas as familias e aos nosos baby que o deron todo e o pasaron xenial; grazas tamén aos equipos visitantes polo comportamento dos rapaz@s e tamén nas gradas; grazas aos cadetes por botar unha gran man nas arbitraxes; e por último grazas ao Concello de Salceda pola súa colaboración!
ESTA NON SERÁ A DERRADIERA CONCENTRACIÓN BABY QUE ORGANICE O C.B.CASELAS DURANTE O CURSO, XA ESTAMOS DESEXANDO QUE CHEGUE A SEGUINTE !!!
CADETE MASCULINO
VOLTA DAS SEMIFINAIS DA FASE DE ASCENSO

SEIS DO NADAL COIA 80 – 48 C.B. CASELAS BALIDEA
Os rapaces do Cadete Masculino Balidea competiron moito mellor neste partido de volta da Semifinal da Fase de Ascenso a Liga Galega.
O primeiro cuarto acabou 16 – 16, resultado idéntico ao do terceiro periodo. Aínda así, o equipo local mostrouse superior en xeral no partido e na eliminatoria.
Moi orgullosos deste grupo que sempre o da todo e compite ao máximo. Agora toca disputar o partido polo 3º e 4º posto perante o Salesianos A, encontro que promete emocións fortes!
A desfrutalo rapaces!
C.B. REDEIRAS 53 – 49 C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS
O Cadete Masculino Construcciones Maceiras xogou un partido moi disputado en Moaña na ida das eliminatorias polos postos da primeira fase.
Destacar a actuación de Jose Serafín que anotou 30 puntazos con 4 triplas. Noraboa a Jose e ao equipo polo esforzo realizado. Agora toca xogar a volta en casa. A desfrutar!
INFANTIL MASCULINO

C.B. REDONDELA 42 – 47 C.B. CASELAS NATURAL GRANITE (PRÓRROGA)
Partidazo o disputado o pasado domingo pola mañán no IES Mendiño de Redondela entre o CBR e o C.B. Caselas Natural Granite.
Dábase unha situación curiosa xa que o equipo de Luismi enfrentábase ao do noso adestrador Julián, que tamén forma parte do clube Redondelán.
O encontro foi trepidante e con continuas alternancias no electrónico, chegando a un final igualadísimo no que houbo que disputar un tempo extra para decantar a victoria a favor do Caselas.
Noraboa aos nosos rapaces e tamén ao equipo local. Grandes!

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 65 – 23 PBB B
Gran partido do Infantil Masculino Hermanos Núñez que levouse unha nova victoria perante ao Porriño Baloncesto Base B.
Bo esforzo de todos os rapaces. Noraboa!
INFANTIL FEMININO

C.B. CASELAS EAM 24 – 32 C.B. CONDADO
As rapazas do Infantil Feminino xogaron o primeiro partido igualado da tempada e o deron todo na visita do noso clube amigo C.B. Condado, que levouse a victoria.
Noraboa a todas as rapazas polo seu esforzo. A continuar así!
MINI FEMININO

C.B. CASELAS JGC VENDING 40 – 24 MIRALBA
Terceira victoria consecutiva para o noso Mini Feminino, que desta maneira ascenderá de grupo na seguinte fase. Grandes rapazas, a continuar desfrutando e divertíndose co baloncesto!

MINI MASCULINO

C.B. CASELAS ALVANOR 63 – 24 APÓSTOL BLANCO
Idéntica situación para o Mini Masculino, que tras tres victorias ascende de grupo na segunda fase da liga.
Destacar que o noso mini Jorge Suárez voltou este luns a adestrar con normalidade despois dunha lesión que o mantivo no dique seco durante meses. Benvido !
PREMINI MIXTO

C.B. CASELAS 13 – 57 BALONCESTO NIGRÁN
Nova xornada do Premini disputada no Pavillón Universitario do CUVI, no que @s rapaz@s do Caselas mostraron os seus progresos. Pouco a pouco adáptanse á competición.
A continuar divertíndose e aprendendo!

O próximo xoves 5 de decembro o noso equipo Cadete Feminino Norexca visita a cancha do C.B. Tui e o sábado 7 de decembro o Senior Masculino Hermanos Núñez disputará en casa un novo encontro ligueiro perante o Apóstol Vigo.
Estes serán os únicos partidos da xornada. O venres NON haberá adestramento debido ao festivo.
Feliz ponte !!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments