Os nosos equipos desputaron unha completa xornada con ata 11 partidos (soamente descansaron o Mini Masculino e o Baby), na que competimos a tope en todas categorías!

SENIOR FEMININO

C.B. RÍO ULLA 53 – 73 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 13 – 18 / 18 – 23 / 16 – 15 / 6 – 17

Anotadoras: Cris 25; Alejandra 22; Tamara 18; Elena 4; Iria 2; Joana 2; Alba G.; Raquel.

Auténtico partidazo o xogado polas nosas senior o pasado sábado en Pontecesures, levándose un gran triunfo da pista dun equipo contra o que perderamos na ida en casa por 12 puntos, polo que as de Joseba regresan a Salceda co basketaverage a favor respecto a un rival directo na clasificación como é o Río Ulla.

Gran traballo das oito xogadoras convocadas (Susi, Alba L. e Elena T. continúan lesionadas) nun partido no que, salvo nalgún tramo no segundo cuarto con problemas para controlar o balón e defender o tiro exterior das locais, o Caselas impuxo o seu ritmo e dominou no xogo e no marcador.

Noraboa e a continuar mellorando!

As nosas viaxaron comodamente (con Joseba ao volante) nunha furgoneta de nove prazas da empresa Pais Automoción ( www.paisautomocion.com ), coa que levaremos a cabo todos os desprazamentos de longa duración do que queda de tempada na competición senior feminina. Un pracer!

SENIOR MASCULINO

C.B. PUERTO VIGO 82 – 77 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 23 – 20 / 27 – 20 / 16 – 22 / 16 – 15

Anotadores: Girma 19; Álex 14; Xur 13; Pablo S. 8; Jose 6; Manu G. 5; Eloy 5; Héctor 5; Jorge 2; Rober; Fredi; Iván.

Igualado e emocionante partido o que xogou o Senior Masculino Hermanos Núñez na pista do Colexio Apóstol perante o Puerto de Vigo o pasado sábado.

Os de Martín acostumados esta tempada a recibir poucos puntos, están encaixando nos derradeiros encontros unha media superior aos 80, sendo este un dos motivos das tres derrotas consecutivas que leva o Caselas nesta categoría.

Sen embargo, nesta ocasión os nosos non pecaron de falta de actitude defensiva; de feito levaron a cabo moi boas accións e foron pequenos detalles ou faltas innecesarias (os vigueses lanzaron 40 tiros libres) nos últimos segundos de posesión os que provocaron a alta anotación do rival.

O Caselas fixo un bo partido colectivo e estivo no marcador ata os derradeiros segundos tendo a opción de levarse a victoria, pero esta vez non puido ser.

Derrota con honra e a polo seguinte encontro!

JUNIOR MASCULINO

C.B. CASELAS ELECTRICIDAD CONDADO 62 – 47 NOVOBASKET VIGO

CADETE MASCULINO

C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS 74 – 52 COLEXIO MARIANO

SEIS DO NADAL ILLAS CÍES COIA 51 – 69 C.B. CASELAS BALIDEA

Estas tres victorias do Junior e de ambos cadetes de categoría masculina supoñen unha gran alegría para estes rapaces por partida dobre: adestran xuntos todos os días e os entrenadores Carlos, Luismi e Julián prometeron que se gañaban os tres encontros esta fin de semana, invitaban a pizza 🙂

Sen dúbida, os resultados chegan con esforzo, suor, compromiso, repetición, … pero non hai nada mellor que sobornar con pizza a adolescentes para que den o 100% 🙂 🙂 🙂

Independentemente dos resultados, estamos moi contentos co traballo destes rapaces que adestran duro cada día e aprenden uns dos outros. A continuar así!

CADETE FEMININO

C.B. CASELAS NOREXCA 41 – 51 MIRALBA NARANJA

O Cadete Feminino Norexca fixo un gran esforzo no seu partido do sábado en casa, contra un duro rival como é o Miralba.

As de Adrián continúan competindo a tope todos os partidos e nunha mañá na que dúas xogadoras tiveron a mala sorte de lesionarse, as rapazas o deron todo e estiveron no partido ata o final.

A primeira metade foi moi igualada e na segunda cada equipo dominou un periodo, caendo a victoria finalmente do lado visitante.

Ánimo Suevia e Aicha, recuperádevos pronto!

INFANTIL FEMININO

C.B. CASELAS EAM 34 – 58 C.B. NIGRÁN

O Infantil Feminino EAM xogou, probablemente, o seu mellor partido da tempada perante ao C.B. Nigrán.

As rapazas do Caselas competiron ben e acadaron a máxima anotación deste curso, mostrando unha mellora progresiva en todas as xogadoras.

Noraboa e a seguir!

INFANTIL MASCULINO

CÍA DE MARÍA 66 – 60 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

C.B. CASELAS NATURAL GRANITE 9 – 60 C.B. NIGRÁN

Ambos infas remataron os seus encontros con derrota. O Hermanos Núñez competíu moi ben na difícil cancha de Compaía de María, mentres que o Natural Granite o intentou pero víuse superado polo equipo de Nigrán.

Bo esforzo!

MINI FEMININO

C.B. CASELAS JGC VENDING 38 – 63 APÓSTOL VIGO

Partido vibrante e con moito ritmo no que as minis xogaron moi ben na primeira parte e na segunda o equipo visitante impuxo o seu xogo, levándose unha victoria que supoñía a primeira derrota da tempada para o Caselas nesta categoría.

Ben xogado rapazas, a continuar traballando!

PREMINI MIXTO

SALESIANOS B 9 – 24 C.B. CASELAS

O Premini Mixto do C.B. Caselas acadou este pasado domingo a súa primeira victoria do curso nun partidazo d@s nos@s rapaz@s perante ao equipo vigués dos Salesianos.

Os de Manolo o deron todo e esforzáronse ao máximo sobre a pista universitaria do CUVI.

O noso obxectivo principal non é gañar, menos aínda en categorías de minibasket, senon que tod@s @s xogador@s do noso clube divírtanse, aprendan e desfruten deste marabilloso deporte.

Pero esta victoria debuxa un sorriso ben merecido nas caras deste equipo.

Noraboa e continuar medrando tanto individual como colectivamente!

ASISTENCIA AO PARTIDO DE 1ª DIVISIÓN DE BALONCESTO FEMININO LIGA ENDESA

CELTA BALONCESTO – GERNIKA KESB

Xoves 13/Febreiro/25 – 20:30h – Pavillón Municipal de Navia, Vigo

Un ano máis a familia do C.B. Caselas terá a oportunidade de presenciar un partido do Celta Baloncesto Feminino, nesta ocasión perante o equipo vasco do GERNIKA KESB, encontro correspondente á xornada nº 20 da máxima categoría do baloncesto español.

ENTRADA GRATUÍTA PARA TOD@S @S XOGADOR@S DE TODAS AS CATEGORÍAS DO C.B. CASELAS !!!

ENTRADA: 15€ PARA FAMILIARES, SOCI@S E AFECCIONAD@S DO C.B.CASELAS

INSCRICIÓN E INFORMACIÓN COMPLETA DA ACTIVIDADE NESTE ENLACE:

https://docs.google.com/forms/d/1B12iDg5pgpvUyv5kLK5hSzEJmt99BKnOTyol0128f_o/edit


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: CronicasNovas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?