Como desfrutamos do noso deporte esta fin de semana no C.B.Caselas!
SENIOR MASCULINO

ILLAS CÍES 49 – 64 C.B.CASELAS
Parciais: 11-19 / 10 – 4 / 10 – 20 / 18 – 21
Anotadores: Pedro 19; Aitor 9; Xur 8; Pablo 8; Eloy 7; Héctor 4; Jorge 4; Jose 3; Iván 2.
O senior masculino rematou a tempada dunha maneira inmellorable, acadando unha victoria nunha cancha difícil e xogando un bo baloncesto cun gran traballo defensivo e a implicación de todos os xogadores. Destacar a gran racha de tiro de Pedro, que destrozou a defensa en zona plantexada polos locais.
Finaliza así un curso no que afianzamos o proxecto da reconstrucción do senior despois da pandemia e estamos moi content@s co rendemento e a dinámica xeral que mostrou o equipo dirixido por Martín. Xa estamos a planificar a seguinte tempada coa intención de mellorar en todos os aspectos para que o senior continúe a ser un exemplo e referente da nosa canteira.
TORNEO VILA DE SALCEDA

Como cada final de tempada, dende o clube organizamos os TORNEOS VILA DE SALCEDA para todas as categorías inferiores do C.B.Caselas. Nesta primeira quenda, tocoulle ao Junior Feminino, ao Cadete Masculino e ao Infantil Feminino.

Cun formato triangular, os equipos convidados nesta edición foron: B.C.Limiense (Portugal), Salesianos Vigo e C.B.Condado. Grazas aos tres clubes por aceptar a nosa invitación e noraboa polo seu nivel deportivo e comportamento durante todo o torneo.

Foron dous días no que se respirou puro baloncesto no pavillón, cun ambiente espectacular entre tod@s @s rapaz@s tanto na pista como na grada e con partidos moi bonitos e competidos. Así da gusto!!!
Tamén agradecer @s xogador@s do infantil e cadete, que axudaron ao corpo técnico do Caselas levando o marcador e axudando na organización. É un orgullo comprobar a implicación e compromiso que mostran en todo momento, sempre dispost@s a axudar. Sodes moi grandes!!!


A próxima fin de semana tócalle o turno ás nosas seccións de Minibasket…e logo chegan as ligas dos INSECTOS e DINOSAURIOS!!!
FINAL DE COPA INFANTIL MASCULINO

A próxima fin de semana temos un partido moi especial: a GRAN FINAL DE COPA para o infantil masculino!!!
Será o derradeiro partido oficial para o clube nesta tempada 2022-23 e qué mellor que se trate dunha final.
O partido xogarase o Sábado 3 de Xuño ás 12:00h no Colexio Cluny de Vigo. Achegádevos a animar ao equipo!!!
Moita sorte e a desfrutar desta experiencia!!!

Lembrade que temos un final de tempada repleto de actividades para @s xogador@s do C.B.Caselas!!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments