FESTA PRESENTACIÓN C.B. CASELAS TEMPADA 2024-25
135 XOGADOR@S – 13 EQUIPOS – 11 ADESTRADOR@S
Estes números fannos gran ilusión xa que supoñen o récord histórico para o noso clube nos seus 35 anos de historia…e parece que foi onte cando alá polo 1990 xogábase o primeiro partido oficial de baloncesto en Salceda de Caselas!
O pasado domingo desfrutamos dunha espectacular tarde de baloncesto e convivencia onde presentamos un a un aos xogador@s, adestrador@s, directiv@s, patrocinador@s e colaborador@s do clube neste curso.
Entre tod@s formamos unha pequena (e cada vez máis) gran familia. Estamos moi orgullos@s do traballo realizado, pero sempre coa intención de mellorar e seguir medrando en todos os aspectos para ofrecer á rapazada de Salceda e arredores a oportunidade de practicar baloncesto no seu pobo nun ambiente sano no que poder formarse como deportistas e tamén como persoas. No noso clube TOD@S teñen cabida!
Grazas de corazón ás familias por confiar neste proxecto e aos rapaz@s do clube pola ilusión e o seu compromiso que nos contaxian cada día!
Sodes un auténtico orgullo para o C.B. Caselas !!!
Moi pronto teremos as fotos oficiais dos equipos desta tempada !!!
Graciñas tamén aos representantes da corporación municipal do Concello Salceda de Caselas, tanto ao equipo de goberno como da oposición, pola súa presencia nesta tarde tan importante para nós!
SENIOR MASCULINO
C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 64 – 58 C.B. NIGRÁN
Parciais: 17 – 12 / 13 – 12 / 13 – 13 / 21 – 21
Anotadores: Álex 14; Eloy 14; Girma 9; Xur 9; Jorge 8; Fredi 5; Pablo 5; Héctor; Manu G; Jose; Rober; Iván.
Se temos que resumir nunha soa palabra o encontro do senior masculino desta fin de semana, sen dúbida, sería PARTIDAZO con todas as letras.
Pintaba partido grande entre dous dos mellores equipos dunha competición moi igualada como está a ser a 3ª Senior Masculina e o encontro non defraudou.
Os de Martín xogaron o mellor partido en ataque da tempada, cunha boa selección de tiro (prácticamente non houbo erros na elección dos lanzamentos) e en defensa mostraron moita concentración, comunicación e sacrificio ante un equipo duro e con xogadores de moita calidade e saber facer como é o C.B. Nigrán.
O Caselas xogou un bo baloncesto en todo momento, pero sabiamos que o equipo de Nigrán estaría ata o final de partido apretando e que non sería nada sinxelo levarse a victoria.
Finalmente e grazas ao esforzo e implicación de todos os xogadores acadouse este gran triunfo a falta dunha xornada para o parón navideño.
Noraboa equipo, agora a por todas na visita do Mar de Vigo este xoves 19 de decembro ás 21:30h no Pavillón Municipal de Salceda de Caselas!
SENIOR FEMININO
C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 45 – 51 BLANCO AMOR OURENSE
Parciais: 13 – 22 / 9 – 7 / 13 – 11 / 10 – 11
Anotadoras: Alejandra 23; Tamara 12; Cris 8; Elena V. 2; Alba G; Alba L.; Elena T.;Joana; Iria.
O primeiro encontro da tarde sería o do noso Senior Feminino perante o equipo ourensán do Blanco Amor, un duelo entre clubes que non se daba dende a tempada 2017-18 na que moitas xogadoras que integran o noso senior eran todavía juniors :).
As nosas comezaron mal e as visitantes impuxeron un ritmo moi alto, acadando varias canastras fáciles ao contraataque debido, en parte, a un pobre balance defensivo do Caselas.
No segundo periodo, as de Joseba reaccionaron e achegáronse no marcador, índonos ao descanso soamente sete puntos abaixo.
Despois do paso polos vestiarios, o Caselas vivíu os seus mellores momentos e ambos equipos xogaron unha gran segunda parte que fixo desfrutar ao abundante público presente cun baloncesto intenso (no que os árbitros quizáis permitiron demasiado contacto) e emocionante.
O derradeiro periodo foi tremendo coas nosas dando o cen por cen e cun triplazo de Cris o Caselas poñíase por diante por primeira vez no partido (45 – 44).
O encontro decidíuse nos derradeiros instantes a favor do equipo visitante, pero independentemente do resultaso final, o noso equipo senior feminino mostrou o seu potencial e compromiso, e fixo sentir orgullos@s a tod@s os afeccionad@s presentes. Grande equipo!
GRAZAS AFECCIÓN!
Millóns de grazas ao numeroso público que quedou a animar aos equipos senior despois do acto de presentación, a pesares do frío. Sodes a mellor afección do mundo mundial !!!
CADETE MASCULINO
C.B. CASELAS BALIDEA 52 – 45 SALESIANOS “A” (Partido polo 3º e 4º POSTO da FASE DE ASCENSO)
O noso Cadete Masculino Balidea remata a fase de ascenso a Liga Galega acadando o terceiro posto, un logro máis na gran traxectoria deste grupo de rapaces.
Noraboa e a continuar medrando na segunda fase da competición!
C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS 60 – 68 C.B. REDEIRAS
Novo partido para o Cadete Masculino Construcciones Maceiras que por segundo encontro consecutivo competíu ben nun choque moi igualado. A continuar traballando rapaces!
CADETE FEMININO
C.B. CASELAS NOREXCA 34 – 31 C.B. TUI
O Cadete Feminino remata o primeiro trimestre da tempada con moi boas sensacións.
As rapazas do Caselas xogaron unha gran eliminatoria a ida e volta contra o C.B. Tui na que foron capaces de gañar dous encontros moi distintos: na ida tocou remontar 12 puntos no último cuarto cunha gran explosión anotadora (29 – 8 a favor nese periodo), mentres que no partido de volta, as de Adrián sacaron adiante un encontro igualadísimo e con pouco acerto na anotación por parte de ambos conxuntos.
Desta maneira este grupo de xogadoras demostrou que é capaz de adaptarse a diferentes situacións de partido e que con compromiso, esforzo e o traballo en equipo todo é posible.
Noraboa rapazas e continuar mellorando!
INFANTIL FEMININO
C.B. REDONDELA 36 – 19 C.B. CASELAS EAM
Partido igualado o xogado polo noso Infantil Feminino EAM na pista do IES Mendiño de Redondela nunha xélida tarde de sábado.
O equipo mostrou melloría no xogo con espacios en ataque aínda que todavía ten moito traballo por diante tanto ofensiva como defensivamente. Noraboa a todas as rapazas polo esforzo !
INFANTIL MASCULINO
Os dous equipos do Caselas de categoría infantil masculina xogaron dous partidos moi igualados cos seguintes resultados:
C.B. REDONDELA 60 – 70 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ
C.B. CASELAS NATURAL GRANITE 37 – 40 DEFENSORES MORRAZO
PREMINI
SEIS DO NADAL AZUL 34 – 22 C.B. CASELAS
Bo partido do noso premini mixto que xogou un encontro igualado na pista do Pavillón Universitario do CUVI. Grandes rapaz@s !!!
AXENDA DE ACTIVIDADES 24-25 NO C.B. CASELAS
Como cada tempada, a FESTA PRESENTACIÓN DO CLUBE supón o pistoletazo de saída para uns meses repletos de ACTIVIDADES para toda a familia do C.B. CASELAS !!!
Botádelle unha ollada ao cartel das actividades que organizamos; a medida que se acheguen as datas ampliaremos a información e horarios de cada evento !
GRAZAS MARINA !!!
Este luns foi o derradeiro día de traballo de Marina, a conserxe do pavillón municipal que acompañounos nos derradeiros 9 meses. A botaremos moito en falta !!!
En primeiro lugar polo seu traballo incansable, sendo unha peza IMPRESCINDIBLE á hora de que a loxística dun pavillón coma o noso, no que practícase deporte dende as 09:30h ata as 23:00h os cinco días de semana e de 09:30 a 22:00h todas as fins de semana, funcione adecuadamente.
En segundo lugar, pola súa predisposición para axudar en todo momento e en todo o que precisamos.
E en terceiro lugar, pola súa calidade humana e paciencia, cualidades imprescindibles para lidiar cos 600 deportistas usuari@s do noso pavillón municipal.
A partir de agora estaremos sen conserxería ata novo aviso, polo que os clubes teremos que facer un gran esforzo para que o día a día do pavillón funcione correctamente.
Grazas por todo Marina!
COPA DOS INSECTOS E DINOSAURIOS 2024
Como cada decembro, celebramos a xornada de COPA DOS INSECTOS e DINOSAURIOS, onde participan TOD@S @S XOGADOR@S de todas as categorías do C.B.Caselas.
Esta copa servirá como antesala da GRAN LIGA DOS INSECTOS E DINOSAURIOS que disputarase a finais de tempada!
Será este XOVES 19/DECEMBRO no Pavillón Municipal de Salceda
INSECTOS: 16:30h a 18:30h
DINOSAURIOS: 18:30h a 21:00h
A DESRUTAR!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments