SEMIFINAL LIGA CADETE MASCULINO
CADETE MASCULINO BALIDEA 69 – 50 APÓSTOL
O noso equipo cadete masculino continúa a dar moitas alegrías ao C.B.Caselas e logra clasificarse para a gran final polo título de liga, despois de superar ao Apóstol Vigués nun partido moi serio dos nosos rapaces.


Un novo éxito desta xeración que de seguro continuará a medrar e mellorar con este tipo de experiencias !

A final desputarase o vindeiro DOMINGO 28 DE ABRIL ás 18:00h no Pavillón Universitario do CUVI.
Agardamos a toda a familia do Caselas para animar e apoiar aos nosos rapaces e vibrar con eles nunha gran tarde de baloncesto !
OBXECTIVO: DESFRUTAR !
Ademáis dos cadetes, xogamos 4 partidos máis en categorías base, nos que todos os equipos do clube continúan competindo a tope como vén sendo habitual:
INFANTIL MASCULINO

SALESIANOS A 53 – 55 C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ
NS ESPERANZA NARANJA 43 – 36 C.B.CASELAS NATURAL GRANITE
MINI MASCULINO

C.B.CASELAS 42 – 53 C.B.CONDADO
PREMINI MIXTO

C.B.NIGRÁN 11 – 44 C.B.CASELAS
Gran partido d@s premini, que continúan coa súa progresión e seguen a competir moi ben nos seus partidos !
SENIOR FEMININO

SAN JOSÉ SAUCES BASKETGAL 62 – 65 C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE
Parciais: 13 – 16 / 11 – 17 / 13 – 14 / 25 – 18
Anotadoras: Tamara 23; Alejandra 16; Raquel 10; Cris 6; Laura 5; Elena 4; Susi 1; Iria; Saray.
O Senior Feminino do C.B.Caselas rematou a liga cunha nova victoria perante o equipo dos Sauces Basketgal, nun partido que, aínda que igualado, tiiveron controlado durante a maior parte do choque. Sen embargo, complicouse nos derradeiros minutos e houbo que sufrir para acadar a victoria final.
Remata así esta primeira e ilusionante experiencia do clube na competición oficial senior feminina. Non podemos estar máis content@s e orgullos@s do equipo en todos os aspectos. Dende o gran grupo humano formado por 12 xogadoras da nosa canteira (que serven como gran exemplo para tod@s @s que veñen detrás) e o corpo técnico, ata os resultados deportivos, logrando 8 victorias nesta primeira fase e competindo en moitas das derrotas literalmente ata o derradeiros segundo perante os equipos da parte alta da clasificación.
Pero isto non remata aquí. Todavía queda unha eliminatoria por postos de liga e a copa. Noraboa polo traballo e a continuar así !
SENIOR MASCULINO

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 67 – 56 C.B.REDEIRAS
Parciais: 12 – 18 / 21 – 11 / 21 – 12 / 13 – 15
Anotadores: Kentre Lakez Williams 15; Xur 14; Darrell Paxton II 11; Jorge 6; Iván 5; Eloy 4; Alex 4; Rober 2; Jose 2; Manuel 2; Héctor 2.
O Senior Masculino comezou con bo pé a súa andadura no torneo copeiro, acadando unha valiosa victoria na casa nesta primeira xornada.
Foi un duelo inédito na competición, xa que o Caselas non xogou nunca contra o equipo moañés nos seus 34 anos de historia !
O segundo e terceiro periodo do partido foron dominados polos nosos, que xogaron un bo baloncesto ante un rival que lle puxo as cousas difíciles.
A próxima xornada de copa visitaremos ao Illas Cíes Vigués. A por todas !

III CAMPUS C.B.CASELAS
Quedan apenas 10 días para abrir o prazo de inscrición para o noso campus que celebraremos do 25 ao 29 de xuño de 2024 !
Podedes consultar toda a información e novidades sobre o evento na páxina web campus.baloncestocaselas.com e nas RRSS do clube !

Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments