Como cada tempada dende fai xa uns cantos anos o C.B.Caselas remata o curso co seu torneo por excelencia, a Liga dos Insectos e Dinosaurios, un evento no que participan activamente tod@s e cada un d@s xogador@s do noso clube, dende Baby a Senior.

Durante dúas semanas, @s máis pequech@s e os @s máis maiores conviven xogando, adestrando, pitando ou facendo de mesas.

Trátase dunha actividade fundamental para nós de cara a fomentar a convivencia que buscamos no C.B.Caselas; o compromiso, implicación e paixón mostrada por parte de tod@s os integrantes da nosa canteira evidenciou que estamos no bo camiño. @s nos@s xogador@s son un orgullo e un tesouro que debemos coidar e conservar para continuar a medrar como clube.

Millóns de grazas a tod@s @s que formades parte desta, cada vez máis, gran familia do C.B.Caselas!


PARTIDO DE NAIS E PAIS
Despois dun par de tempadas sen organizar este partido por mor da pandemia, por fin está de volta esta actividade na que as nais e os pais máis valentes do C.B.Caselas saltan á pista para demostrar aos seus fill@s que el@s tamén saben xogar ao baloncesto…ou polo menos o intentan 🙂


Rumoréase que para a tempada estase a cociñar un partido de fill@s contra nais e pais…ide adestradndo familias!!!
Xogador@s, corpo técnico, familias, soci@s, directiva…GRAZAS POR ESTA GRAN TEMPADA 2022-23!
Mención especial á xeración de junior feminino que remata a súa andadura en categorías inferiores. Deixades unha pegada difícil de borrar. Sodes enormes!

Feliz verán e vémonos en setembro!!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments