Despois das vacacións de Nadal chegaba unha fin de semana con ata 8 partidos para os nosos equipos, concentración baby en Navia e visita aos compañeir@s do AMFIV VIGO!
Aquí os resultados e a crónica da xornada:
SENIOR MASCULINO
C.B. REDEIRAS 73 – 60 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ
Parciais: 20 – 13 / 18 – 27 / 17 – 10 / 18 – 10
Anotadores: Girma 12; Xur 11; Pablo S. 10; Jose 6; Rober 4; Eloy 4; Héctor 3; Álex 3; Iván 2; Manu G. 2; Pablo Cabaleiro 2; Jorge 1.
Partido duro o que esperaba ao noso senior masculino na volta á competición oficial na visita a Moaña para xogar perante un dos equipos que, xunto aos nosos, ocupan os primeiros lugares da táboa clasificatoria antes de rematar a primeira volta con esta xornada.
Os de Martín non saíron ben ao partido, pero nun gran seguno periodo reaccionaron e marcháronse ao descanso dous puntos por enriba no marcador.
Despois do paso polos vestiarios o equipo local impuxo o seu ritmo de xogo levándose a victoria ante un C.B. Caselas que o intentou pero non deu coa tecla nesta ocasión.
Esta derrota non empaña a gran primeira volta do noso senior masculino, que finaliza no posto cuarto da clasificación empatado co terceiro e o segundo e a unha victoria do primeiro.
Queda por diante unha segunda volta da liga que preséntase apaixoante coas opcións por loitar polo ascenso intactas na que sobre todo queremos continuar coa boa imaxe do grupo tanto a nivel deportivo como humano.
A por todas equipo!
Unha das grandes noticias da xornada foi a volta ás pistas en partido oficial do noso querido Pablo Cabaleiro tras unha lesión de longa duración. Grande Pablo, benvido de novo á festa!
De seguro que Pablo será un gran reforzo do mercado de inverno para o equipo 🙂
Agardamos tamén que o noso xogador Santiago Pazo volva pronto da súa fascitis plantar. Ánimo e pronta recuperación Santi!
SENIOR FEMININO
APÓSTOL VIGO 64 – 41 C.B. CASELAS NATURAL GRANITE
Parciais: 14 – 7 / 22 – 11 / 16 – 15 / 12 – 8
Anotadoras: Alejandra 15; Tamara 14; Elena V. 6; Cris 2; Raquel 2; Joana 2; Iria; Alba; Elena T.
O noso senior feminino tamén tiña unha empresa complicada: xogar o primeiro partido á volta das vacacións contra o segundo clasificado da liga: o Apóstol Vigo.
As de Joseba non tiveron o seu mellor día e aínda que na segunda parte competiron ben, a vantaxe adquirida polas locais nos dous primeiros periodos fixo que a victoria caera do lado das viguesas.
Agora a polo seguinte partido na casa contra Xinzo o sábado que ven!
CATEGORÍAS BASE
Seis equipo das categorías base comezaron a segunda fase da competición. Tod@s @s rapaz@s o deron todo e competiron ao máximo, cos seguintes resultados:
JUNIOR MASCULINO
C.B. CASELAS ELECTRICIDAD CONDADO 35 – 74 PBB A
CADETE MASCULINO
C.B. CASELAS BALIDEA 58 – 47 SALESIANOS VIGO A
APÓSTOL VIGO 85 – 76 C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS
CADETE FEMININO
C.B. NIGRÁN 37 – 59 C.B. CASELAS NOREXCA
BENVIDA DIANA!
A nosa xogadora do cadete feminino Diana Estévez retornou aos adestramentos despois da súa grave lesión de rodilla do mes de abril do ano pasado.
Agora toca sentidiño e ir paso a paso na recuperación. O máis difícil xa está feito. A traballar sen presa! Benvida Diana, botámoste moito de menos!
INFANTIL MASCULINO
C.B. CASELAS NATURAL GRANITE 44 – 78 SALESIANOS VIGO B
MINI MASCULINO
GARCÍA BARBÓN 24 – 33 C.B. CASELAS ALVANOR
PREMINI MIXTO
CARMELITAS 27 – 12 C.B. CASELAS
BABY
CONCENTRACIÓN BABY EN NAVIA!
Os máis peques do clube disputaron a segunda concentración da tempada, despois da organizada polo C.B. Caselas no pasado mes de decembro.
Pasamos unha xornada xenial de baloncesto e convivencia no pavillón municipal de Navia, na que @s nen@s e as familias desfrutaron dun baloncesto de pura diversión!
Moitas grazas ao Celta Baloncesto Feminino pola gran organización e a todos os equipos participantes.
Botamos de menos @s nen@s que non puideron asistir. Estamos desexando que chegue a seguinte!
VISITA AO AMFIV VIGO
Unha tempada máis a familia do C.B. Caselas visitou ao equipo de 1ª División Española de Baloncesto en Cadeira de Rodas, o AMFIV VIGO.
Nesta ocasión, recibía a visita do líder invicto da competición, o C.D. Ilunion de Madrid, polo que pintaba partidazo; e así foi.
Os locais o deron todo e xogaron un gran encontro competindo moi ben ante un difícil rival, que supuxo o seu retorno ao pavillón de Bouzas despois de tres anos de obras.
Unha expedición de case 50 persoas entre xogador@s, familias e directiva do C.B.Caselas estiveron animando aos vigueses e desfrutaron dun gran espectáculo!
Agradecer coma sempre aos nosos amig@s do AMFIV e especialmente a Carlos polo trato recibido e por facernos sentir coma na casa unha tempada máis!
Ata a próxima!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments