A derradeira fin de semana de competición oficial deste ano 2022 presentábase apaixoante para os nosos equipos…e abofé que o foi !!!
Rematando o domingo coa festa presentación do clube e o partido senior, os equipos de minibasket descansaron e os de canastra grande o deron todo.
O sábado tocoulle o turno ao junior feminino e aos dous infas. Os tres equipos xogaron uns encontros trepidantes que se decidiron nos derradeiros segundos de xogo.
JUNIOR FEMININO

CÍA DE MARÍA 49 – 48 C.B.CASELAS
INFANTIL FEMININO

PBB A 67 – 66 C.B.CASELAS
INFANTIL MASCULINO

C.B.CASELAS 56 – 63 SALESIANOS A
CADETE MASCULINO

SEIS DO NADAL 79 – 34 C.B.CASELAS
Esta xornada de sábado, demostrou o gran traballo e esforzo realizado ata o de agora cos equipos de canastra grande; @s nos@s rapaz@s fixeron tres grandes partidos e loitaron literalamente ata o derradeiro segundo dos seus respectivos encontros. Tamén recoñecer o gran esforzo dun equipo cadete masculino repleto de baixas no seu partido do domingo. Seguide así !!!
Perder nos últimos instantes é un trago amargo pero tod@s temos que ser conscientes que ás veces se gaña e outras pérdese, e que o resultado final dun partido non ten que restar un ápice ao gran traballo realizado. Estamos orgullos@s de tod@s vós (xogador@s e corpo técnico) !!!
FESTA PRESENTACIÓN DO C.B.CASELAS 2022-23

O prato forte da fin de semana era, sen dúbida, a tarde do domingo no municipal de Salceda, coa festa presentación desta tempada 2022-23 e de seguido o partido senior masculino perante o C.B.Rodaballo vigués.
Máis de 115 xogador@s, 9 equipos e un corpo técnico e directiva entregados en corpo e alma a facer o mellor clube posible, foron presentados diante de perto de 200 persoas que abarrotaron as gradas do noso pavillón.
Partidillos, concursos de tiro, música galega en directo e moita festa, fixeron as delicias do público nun evento dirixido a través do micro por Paula Montes, periodista da Cadena SER Baixo Miño e ex-xogadora de baloncesto. Qué ben o pasamos !!!

















SENIOR MASCULINO

C.B.CASELAS 64 – 58 C.B.RODABALLO
Parciais: 18 – 8 / 4 – 15 / 10 – 12 / 20 – 17 / Prórroga 12 – 6
Anotadores: Xur 14; Maki 14; Eloy 13; Pablo 11; Jose 5; Jorge 3; Pedro 2; Rober 2; Iván; Bruno; Fredi; André.
Chegaban as 19:00h da tarde e comezaba o tradicional partido de liga senior masculino despois da presentación, que non defraudou á gran cantidade de público presente.
O partido foi de poder a poder, con alternacias continuas no electrónico e no que o Caselas deixou a súa mellor versión para o derradeiro periodo e o tempo extra. Nun final de cuarto periodo propio dun thriller, o partido chegou á prórroga, na que os dirixidos para Martín foron máis sólidos que o rival, levándose así a victoria e facendo as delicias da afección que non parou de animar durante otodo o encontro. Vamos Caselas !!!
COPA DOS INSECTOS E DINOSAURIOS 2022
O pasado xoves 22 de decembro, celebramos o noso torneo de nadal favorito, no que participan tod@s xogador@s do clube, dende BABY ata SENIOR.
Foi unha tarde xenial na que, dende @s máis cativ@s aos máis maiores, conviviron e aprenderon os uns dos outr@s. O próximo campeonato de Insectos e Dinosaurios chegará antes de Semana Santa. Poderedes agardar ata entón?
Queremos agradecer a Sapix Salceda e Elfos e Calcentíns pola súa iniciativa PLAN B, que busca renovar o catálogo bibliográfico dos centros de acollida de menores e dar as grazas a todas as familias do C.B.Caselas que responderon de maneira incríble doando moitísimos libros á causa!!!



Lonxe de descansar, o C.B.Caselas aproveitará as vacacións de Nadal para continuar adestrando con todas as categorías (agás BABY) e celebrar varias actividades para xogador@s, soci@s e familias do clube: XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DO CAMPUS C.B.CASELAS, CINE EN EQUIPO, MERENDA DE NADAL, MEMORIAL MANOLO SANFER e moitas sorpresas!
FELICES FESTAS A TODA A FAMILIA DO BALONCESTO CASELAS !!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments