Tan importante coma os adestramentos e os partidos é para nós a actividade social do clube. Aquí vos presentamos os eventos da presente tempada, que iremos actualizando durante todo o curso:
15/Decembro/2024

Presentación da tempada
Imprescindible festa de presentación dos equipos, xogador@s e patrocinadores.
15/Decembro/2024

Sorteo de Nadal
No descanso do partido senior desta xornada realizarase o sorteo das rifas que levamos vendendo dende a Festa dos Callos.
19/Decembro/2024

Copa Insectos/Dinosaurios
Non poídan faltar os nosos bechos de nadal.
TODAS AS CATEGORÍAS
En horario de adestramento!
21/Decembro/2024

TORNEO DE NADAL VICUS
O noso Senior Masculino HERMANOS NÚÑEZ participará por onceava vez consecutiva nun torneo que é todo un clásico do baloncesto vigués!
26 e 30/Decembro/2024

XORNADAS DE TECNIFICACIÓN CAMPUS C.B.CASELAS
Categorías: CADETE E JUNIOR MASCULINO/FEMININO
O nadal é un bo momento para perfeccionar a túa técnica individual !!!
3/Xaneiro/2025

Cine en equipo + Merenda de Nadal + Partido Nias e Pais!
Como cada Nadal teremos una sesión de cine en equipo.
Auditorio Municipal Salceda de Caselas.
A continuación, tod@s a merendar ao pavillón e partido de Nais e Pais!
11/Xaneiro/2025

Partido BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS 1a DIVISIÓN ESPAÑOLA
AMFIV VIGO – CD ILUNION MADRID
Unha tempada máis, o C.B.Caselas acude animar ao AMFIV VIGO no que é un auténtico espectáculo de baloncesto profesional en Cadeira de Rodas!
13/Febreiro/2025

PARTIDO LIGA ENDESA 1ª DIVISIÓN FEMININA CELTA BALONCESTO
CELTA BALONCESTO – GERNIKA
Unha tempada máis desfrutaremos dun partido da máxima división española feminina, co Celta Bloncesto capitaneado pola madrina do noso campus Sara Vidal!
15/Marzo/2025

Viaxe ao DERBI GALEGO LEB OURO
Tradicional viaxe anual a un partido do COB OURENSE (Liga LEB OURO)
Nesta tempada asistiremos ao encontro entre o COB Ourense e o Obradoiro.
TODO UN DERBI GALEGO no que haberá un auténtico ambientazo !!!
BUS + ENTRADA:
- 3 € – Xogador@s e Soci@s
- 6€ – Público Xeral
30/Marzo/2025

CONCENTRACIÓN BABY
Nova concentración baby organizada polo C.B. Caselas, que reunirá a nove equipos desta categoría no Pavillón Municipal de Salceda!
Haberá CANTINA, SORTEOS E OUTLET DE ROPUPA C.B. CASELAS!
5 e 6/Abril/2025

TORNEIO INTERNACIONAL EUROCIDADE VALENÇA
Unha tempada máis participaremos no Torneio Internacional Eurocidade de Valença do Minho.
O C.B.Caselas participará cos equipos Premini Mixto, Mini Feminino e Mini Masculino, que xogarán numerosos partidos e levarán a acabo diferentes actividades lúdicas, convivindo durante dous días con 300 xogador@s de toda a xeografía de Galicia e Portugal.
Como é habitual, teremos a opción de quedar a durmir a noite de sábado. Agardamos que supoña unha gran experiencia para a nosa canteira!
Pronto + INFO
Maio-Xuño/2025

LIGA DOS INSECTOS E DINOSAURIOS
O torneo de clausura da tempada por excelencia do C.B.Caselas chegará como cada final de curso ao pavillón de Salceda.
TODAS AS CATEGORÍAS do clube convivirán durante dúas semanas facendo piña entre maiores e pequen@s!
Xuño/2025

Partido Nais e Pais
E avós, e tios e todo aquel que se queira apuntar 🙂
Por motivos de axenda, o faremos en xuño…así tedes máis tempo para poñervos en forma 🙂
24 ao 28/Xuño/2025

IV Campus C.B. Caselas
Cuarta edición do noso querido Campus de Verán.
Pronto + INFO !!!
Compartir:
- Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
- Fai clic para compartir en X (Se abre en una ventana nueva)
- Fai clic para enviar unha ligazón por correo electrónico a un amigo (Se abre en una ventana nueva)
- Compartir en Linkedin (Se abre en una ventana nueva)
- Feixe clic para compartir en Telegram (Se abre en una ventana nueva)
- Feixe clic para compartir en WhatsApp (Se abre en una ventana nueva)