Os nosos senior desputaron unha doble xornada, que saldouse cun pleno de triunfos para ambos os dous equipos !!!

SENIOR FEMININO

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 71 – 25 SANTA BAIA BOIRO

Parciais: 16 – 4 / 24 – 5 / 21 – 3 / 10 – 13

Anotadoras: Alejandra 37; Tamara 18; Elena V. 8; Raquel 6; Iria 2; Joana; Elena T.

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 72 – 23 E.D.M. ESTRADENSE

Parciais: 28 – 8 / 18 – 2 / 11 – 7 / 15 – 6

Anotadoras: Alejandra 25; Tamara 17; Cris 14; Joana 8; Alba G. 3; Iria 3; Elena 2; Raquel; Elena T.

As senior do C.B. Caselas xogaron dous encontros consecutivos na casa con abultados resultados ao noso favor.

As de Joseba explotaron ofensivamente, anotando 143 puntazos en total e non deron opción aos equipos visitantes, dominando por completo o xogo dende o principio ata o final dos encontros.

Noraboa rapazas, agora a pola seguinte xornada na que enfrontarémonos a un duro rival como é o Colexio Mariano.

SENIOR MASCULINO

SEIS DO NADAL COIA 55 – 66 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 8 – 17 / 19 -18 / 14 – 14 / 14 – 17

Anotadores: Manu L. 17; Xur 11; Santi 8; Iván 7; Girma 7; Manu G 6; Álex 6; Rober 2; Jorge 2; Jose; Héctor.

Nunha fría noite de mércores en Vigo o C.B. Caselas Senior Masculino recuperou as boas sensacións e acadou unha victoria necesaria a domicilio para manterse na zona alta da clasificación antes de recibir aos veciños do C.B. Condado no derbi!

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 62 – 61 C.B. CONDADO (PRÓRROGA)

Parciais: 20 – 18 / 16 – 20 / 7 – 12 / 13 – 6 / 6 – 5

Anotadores: Xur 19; Girma 16; Santi 8; Jorge 6; Manu L. 5; Héctor 3; Manu L. 2; Jose 2; Álex 1; Iván; Rober; Pablo C.;

O pasado domingo o público presente no pavillón municipal de Salceda desfrutou dun emocionante encontro con dous conxuntos que o deron todo para levarse o triunfo.

Os de Martín souberon sufrir e remontar ata dez puntos no último periodo para levar o choque ao tempo extra.

Nunha prórroga igualadísima (6 – 5 para o Caselas) os nosos acadaron unha victoria importantísima nun derbi de alta voltaxe. Noraboa ao Caselas e ao Condado polo nivel mostrado.

Agora a polo líder da competición, o Novobasket Vigo, que visitará a nosa pista o vindeiro domingo día 16 de marzo ás 18:00h. Tod@s ao pavillón !!!

JUNIOR MASCULINO

C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO 39 – 85 SALESIANOS A

O noso xogador junior Julián Vieira terá que ser intervido por unha lesión de menisco.

Ánimo Juli, pronto estarás recuperado!

CADETE MASCULINO

C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS 44 – 43 APÓSTOL

Partidazo emocionante do Cadete Masculino Construcciones, que acadou a victoria in extremis cun triplazo a falta de 3 segundos para o remate do encontro do noso xogador Iago Gándara, culminando así unha remontada épica grazas ao traballo e esforzo de todo o equipo. Grandes!

SALESIANOS A 73 – 51 C.B. CASELAS BALIDEA

C.B. CASELAS BALIDEA 63 – 72 NOBOVASKET C

A boa noticia da xornada para o Cadete Balidea foi o regreso de Aarón tras máis dun mes parado por unha lesión de rodilla!

CADETE FEMININO

C.B. CASELAS NOREXCA 51 – 60 CBR REDONDELA

As rapazas do cadete competiron coma sempre no seu partido perante Redondela, pero o máis importante deste encontro foi a recuperación das lesionadas do equipo: Aragonta voltou ás pistas por fin dende decembro; Suevia tras un mes parada; e Aicha asentóuse despois de xogar no partido anterior.

Deste xeito xa temos practicamente o grupo ao completo de novo (Diana continúa a súa volta progresiva). Benvidas!!!

INFANTIL FEMININO

C.B. CASELAS EAM 19 – 70 SALESIANOS B

INFANTIL MASCULINO

SAN JOSÉ CLUNY 70 – 19 C.B. CASELAS NATURAL GRANITE

CBR REDONDELA 47 – 59 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Bo partido do Infantil Masculino Hermanos Núñez en Redondela, encontro que supuxo a volta do noso xogador David despois dun bo susto no seu brazo esquerdo, que o mantivo alonxado das pistas un mes. Benvido!

MINI MASCULINO (DOBLE XORNADA)

C.B. CASELAS ALVANOR 64 – 14 – NS ESPERANZA

C.B. CASELAS ALVANOR 37 – 22 CÍA DE MARÍA

MINI FEMININO

CÍA DE MARÍA 63 – 16 C.B. CASELAS JGC VENDING

PREMINI MIXTO

SALESIANOS B 18 – 39 C.B. CASELAS

VIAXE A OURENSE:

Este sábado 15 de marzo a familia do C.B. Caselas viaxará a Ourense para ver o gran DERBI GALEGO de LEB ORO no Pavillón Paco Paz.

Cada tempada dende vai moitos anos, asistimos tanto a ver ao COB Ourense coma ao OBRADOIRO Santiago, pero esta tempada unificamos a actividade visitando aos dous dunha tacada!

De seguro que desfrutaremos dun gran ambiente e que ambos os dous conxuntos o darán todo xa que están en plena pelexa por acadar o acceso aos Playoffs de Ascenso á ACB!

IV CAMPUS DE VERÁN C.B. CASELAS

Comeza a conta atrás para un dos eventos máis agardados pola familia do C.B. Caselas como é o noso campus de verán !!!

Parece que foi onte cando comezamos co proxecto e xa vamos pola cuarta edición !!!

Ide reservando os días 24 ao 28 de xuño !!!

Pronto MÁIS INFO !!!

POR UN NOVO PAVILLÓN PARA SALCEDA!

#porunnovopavillonparasalceda

FIRMA AQUÍ:

https://www.change.org/p/novo-pavill%C3%B3n-deportivo-para-salceda-de-caselas?utm_medium=custom_url&utm_source=share_petition&recruited_by_id=33591c60-4e22-0130-256d-3c764e04a5f0


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?