SENIOR MASCULINO
O noso senior masculino disputou unha doble xornada con ambos partidos en casa, cun balance dunha victoria e unha derrota.

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 64 – 50 C.B. RODABALLO
Parciais: 21 – 13 / 20 – 10 / 8 – 20 / 15 – 7
Anotadores: Girma 12; Fredi 9; Pablo C. 9; Xur 9; Jose 7; Santi 6; Iván 5; Pablo S. 5; Álex 2; Rober; Manu L.; Jorge.

Este encontro servíu para ir recuperando lesionados de longa duración: Pablo Cabaleiro, que xa xogou minutos nas derradeiras xornadas despois da sua lesión de rodilla e Santi (primeiros minutos tras volver por unha fascitis plantar) desfrutaron por fín sobre a cancha, aportando moito ao equipo.
Benvidos de novo!
O Caselas levouse a victoria coa aportación de todos os xogadores.
C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 49 – 57 EXO – CBA VIGO
Parciais: 15 – 17 / 17 – 11 / 7 – 8 / 10 – 21
Anotadores: Xur 13; Jose 9; Héctor 6; Girma 6; Pablo C. 5; Manu L. 5; Álex 4; Jorge 1; Fredi; Rober; Iván; Pablo S.
O domingo tocaba recibir ao EXO – CBA Vigo e os de Martín non tiveron o seu mellor día.
O encontro foi igualado durante os tres primeiros periodos, con vantaxes ao noso favor de 3 a 6 puntos, pero nun derradeiro cuarto para esquecer e o acerto visitante, decantou a victoria para os vigueses.
O senior masculino non está no seu mellor momento de xogo e resultados, pero a tempada ten picos e como di Ricky Rubio: “Never too High, Never too Low”. A continuar a traballar!
JUNIOR MASCULINO

C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO 39 – 65 SAN JOSE CLUNY
O Junior Masculino competíu moi ben ante un rival durísimo a pesar das baixas por lesión.
Os de Charli saíron centrados ao encontro e cun gran esforzo fixeron moi boa primeira metade.
Na segunda, os visitantes impuxeron o seu ritmo pero os nosos continuaron metidos no partido.
Noraboa polo esforzo rapaces!
PREMINI MIXTO

MIRALBA 16 – 43 C.B. CASELAS
A gran alegría da xornada a levaron @s nos@s preminis, que acadaron unha gran victoria no seu partido no CUVI ante o equipo de Miralba.
O importante non é gañar ou perder, pero este partido animará moito a este grupo!
Grandes!
O resto de resultados da xornada foron:
CADETE FEMININO

C.B. TUI 45 – 34 C.B. CASELAS NOREXCA
CADETE MASCULINO

C.B. BAIONA 92 – 24 C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS
INFANTIL MASCULINO

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 22 – 52 C.B. BAIONA
MINI FEMININO

C.B. CASELAS JGC VENDING 29 – 36 PBB FEM
ENTROIDO
O Venres 28 de Febreiro e o Luns 3 de marzo NON haberá adestramentos e a próxima fin de semana NON HABERÁ XORNADA, salvo o SENIOR FEMININO que xogará un aprazado en casa o SÁBADO 1/MARZO ás 12:00h perante o equipo de Santa Baia de Boiro.
A Desfrutar do ENTROIDO !!!
Voltaremos aos adestramentos o XOVES 6/Marzo !!!

VIAXE A OURENSE PARA VER O DERBI GALEGO DE LEB ORO
O Sábado 15 de Marzo viaxaremos a Ourense para ver o partido COB – OBRADOIRO.
Nada máis e nada menos que todo un derbi galego de Liga LEB ORO con ambos equipos loitando por un posto nos Playoff de Ascenso á ACB !!!
BUS + ENTRADA:
3€ para XOGADOR@S E SOCI@S (+núcleo familiar) do C.B. CASELAS
6€ para NON SOCI@S e PÚBLICO XERAL
ANÓTATE fácilmente neste enlace:
https://docs.google.com/forms/d/1UpB2ZGa8F_8sq6YtZPY9u_7aQ__8PrTrB4Tj-kLin5c/edit
ANÍMATE A DESFRUTAR DESTE PARTIDO E DO AMBIENTAZO DO PAZO DOS DEPORTES PACO PAZ !
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments