Nova fin de semana cargadiña de partidos interesantes para os nosos equipos de canastra grande, á espera de que se inicien as distintas competicións oficiais de minibasket!

SENIOR MASCULINO
C.B.CASELAS 40 – 67 C.B.NIGRÁN
Parciais: 12-15 / 9-21 / 11-19 / 8-12
Anotadores: Héctor 8; Pedro 8; Eloy 8; Alex 6; Xur 4; Pablo 4; Iván 1; Aitor 1; Jose; Rober; Bruno; André.
Chegaba ao municipal de Salceda o líder da competición, polo que agardabamos un encontro duro e complicado para o noso senior. E así foi.
Cada erro que cometían os nosos, era castigado polo Nigrán, un equipo repleto de xogadores con moita calidade e experiencia.
Aínda así, os de Martín competiron ben, obrigando aos visitantes a xogar un partido moi serio e esforzarse ao máximo para saír de Salceda coa victoria (os 67 puntos anotados é a cifra máis baixa para o Nigrán no que vai de campaña).

Como ven sendo a tónica habitual neste inicio de campaña, o Caselas mostrou moito compromiso na pista e unha grande actitude de equipo. Se seguimos por este camiño, faremos unha boa tempada co senior!!!
A próxima fin de semana tocará madrugar o domingo para visitar a outro duro rival: nos agarda o Rías Baixas ás 10:00h no Pavillón do Berbés.
CATEGORÍAS BASE
INFANTIL FEMININO
SEIS DO NADAL COIA 8 – 58 C.B.CASELAS

INFANTIL MASCULINO
C.B.CASELAS 36 – 65 SAUCES OBRADOIRO
CADETE MASCULINO
C.B.CONDADO 21 – 60 C.B.CASELAS
A finde que vén, máis e mellor: continúan todas as competicións, debuta o Premini Masculino e retoma á competición o Junior Feminino tras o parón pola ponte!!!
VAMOS CASELAS!!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments