Partido no que se notou a inactividade competitiva e a sofocante calor que facía onte no pavillón redondelán, que afectou a ambolos equipos.

Aínda así, o CB.Caselas tivo momentos de bó baloncesto e acerto no tiro e momentos de boa defensa, acadando ventaxas pronto. Isto fixo un encontro relativamente cómodo para os de Adrián Salgado, perante un rival con clara melloría do ano pasado a este, e que xa nos puxera problemas no último choque da liga regular.

Tras esta victoria, os de Salceda manteñen opcións de chegar á final de copa, aínda que non dependen de sí mesmos. O que sí está na man do plantel, e o intentaremos, é entrenar duro estas dúas semanas que quedan, para brindarlle un bó partido a nosa grande afición no último partido da temporada.

Será en Salceda o 8 ou 9 de xuño ante unha dura pedra de toque, o Illas Cíes, equipo contra o que competiremos tamén a vindeira temporada na 3ª División A.

Vos esperamos no pavillón!!!!!

CB.CASELAS (61): Jorge 6, Jano 20, Darío 21, Rober Temporao 4, David Ledo 3. QUINTETO. Jose 3, Fredi, Rober Álvarez 3 e Nico 1.

Parciais: 4-17 / 10-10 / 10-15 / 8-19.

Incidencias: Tarde de domingo no Pavillón da Marisma de Redondela. Varios afecionados de Salceda.

CATEGORÍAS BASE:

Fin de temporada para todos os equipos de base, excepto o Infantil Masculino que lle queda unha xornada de Copa Primavera.

O Premini A de Adrián Salgado proclamouse campeón de liga logo dunha brillantísima campaña onde só perderon un partido.

E o Mini de Manolo, subcampéon cun gran final de temporada.

Os resultados foron:

Infantil Masc: NIGRÁN 52 CASELAS 27
Infantil Fem: CASELAS 46 MIRALBA 51
Mini Mixto: CASELAS 63 BAIONA 51
Premini A: CASELAS A 75 PORRIÑO 24
Premini B: REDONDELA 53 CASELAS B 14


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: Cronicas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?