Primeira CONCENTRACIÓN BABY da tempada!!!

O protagonismo da fin de semana foi claramente para @s nos@s xogador@s máis pequech@s: os valentes e intrépidos insectos do C.B.CASELAS! Para tod@s el@s, esta concentración supoñía a súa primeira experiencia nun partido de baloncesto, e abofé que desfrutaron e fixeron desfrutar ao público presente coas súas peripecias, botes, saltos,… Ler máis

ORGULLOS@S DA NOSA CANTEIRA!

Nunha xornada na que ao Senior Masculino tocáballe descansar de cara á copa, os nosos equipos de base viviron unha fin de semana apaixoante. Queremos felicitar a tod@s @s xogador@s e adestrador@s polo esforzo e compromiso que mostran cada día, pero sobre todo pola súa actitude e comportamento ante as… Ler máis

Crónica da fin de Semana

Intensa fin de semana de baloncesto a que se presentaba para o C.B.Caselas, con moitos partidos tanto en casa como fora e coa recuperación da tradicional entrega dos calendarios oficiais para @s 120 xogador@s do noso clube. Ademáis, repartimos os distintos premios do sorteo de nadal no descanso do senior!… Ler máis

Fin de semana con partidos apaixoantes na base

Esta pasada fin de semana estivo repleta de emocións fortes para o C.B.Caselas, con partidazos que demostran que o baloncesto é un deporte único e espectacular. O Senior Masculino desplazábase ata Pontevedra para xogar na casa do CAB o sábado ás 20:00h. CAB PONTEVEDRA 67 – 45 C.B.CASELAS Parciais: 22-12… Ler máis

XORNADA 18 SENIOR: CASELAS 47 ILLAS CÍES 77

CB.Caselas (47): Xur 4, Jose 3, Darío 9, Julián 8, Héctor 1. QUINTETO. Jano 9, Rober, Ledo 6, Fredi 2 e Nico 5.
Parciais: 10-25 / 9-17 / 13-18 /15-17.

Incidencias: Entrada habitual, con algo máis de medio centenar de afecionados no Pavillón de Salceda. O público despediu con aplausos ao equipo.

Pouco hai que dicir dun encontro sen historia dominado dende o minuto 1 polos vigueses, que estiveron moi acertados no lanzamento. O Caselas nunca se atopou cómodo, nin en ataque, perante a defensa zonal; nin en defensa, con pouca intensidade e concentración.

(máis…)

XORNADA 17 SENIOR: CASELAS 48 DORNA 36

CB.CASELAS (46): Xur 5, Nico 1, Rubén 2, Julián 17 e Héctor 4. QUINTETO. Jano 11, Jose, Ledo 2, Darío 6 e Rober.
Non estiveron Fredi, por enfermidade, e Jorge, o cal desexamos unha moi pronta recuperación ao estar recén operado dun xeonllo.

Parciais: 8-5 / 9-10 / 16-9 / 15-12.

Incidencias: Máis de medio centenar de afecionados no Pavillón de Salceda. Como dato anecdótico, era a primeira vez en 30 anos de historia do noso clube que o CB.Dorna de A Illa de Arousa viña a xogar a Salceda.

Merecida victoria cimentada no bó traballo defensivo de todo o equipo e a paciencia en ataque contra a zona 3-2 prantexada polos da Illa de Arousa durante 35 minutos de partido. O partido tivo moi pouco acerto ofensivo por ambas partes, -o marcador reflexaba un paupérrimo 17-15 ao descanso- aspecto que os de Adrián Salgado melloraron na segunda parte anotando 31 puntos.

(máis…)

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?