Crónicas
COPA SENIOR 2ªX: CASELAS 53 ARCADE 67
Bó traballo dos nosos nun partido duro perante un bó equipo que plantexou un partido lento, defendendo practicamente os 40 minutos de partido en zona.
Bó traballo dos nosos nun partido duro perante un bó equipo que plantexou un partido lento, defendendo practicamente os 40 minutos de partido en zona.
Primeiro partido da Copa Primavera correspondente ao Grupo D (catro grupos en total onde o primeiro de cada un clasifica para as semifinais).
O Caselas pagou a pouca actividade e concentración en defensa, en especial no rebote defensivo e, sobre todo, os erros continuos no tiro libre. Preto de 20 tiros libros fallados é un dato que te condena contra calqueira equipo.
Os Infantiles ao remate do partido contra Porriño C atendendo as explicacións do seu míster Julio. Xornada sen partido senior, pero con moita actividade para a nosa canteira, con seis partidos (cinco deles no pavillón de Salceda). Moi cedo -as 9:30 do sábado- comezaba o Mini Masc, que perdía por… Ler máis
Despedida pola porta grande do primeiro equipo do CB.Caselas nesta fase polo título provincial. Nun partido moi completo, os de Adrián Salgado cos seus doce xogadores dispoñibles, derrotaron a un xoven e físico Sigaltec de Vilagarcía, que non lle puso doada a cousa aos nosos.
Salto inicial no partido en Pontecesures.
Viaxe longísimo do CB.Caselas a Pontecesures para enfrontarnos ao campión da liga arousana: o Extrugasa Río Ulla, un conxunto que se coñecen moi ben entre eles, moi compensado e que só perdeu un partido en toda a liga.
Os nosos, con só 8 xogadores, aparecían case sen homes altos polas baixas de Bernabé, dos irmáns Javi e Sergio, e o aleiro Fredi.
O empuxe e insistencia do Caselas non bastou para doblegar a un experimentado San Mauro, que se levou unha traballada victoria.
Clara e xusta derrota do Caselas, que voltou a caer nos mesmos erros dos últimos partidos. Comezamos pouco metidos no encontro, con falta de intensidade defensiva e xa encaixamos 26 puntos no primeiro cuarto (26-10).
Mal debut do CB.Caselas nesta liga polo título provincial nun partido onde estivemos mal, especialmente no segundo cuarto onde encaixamos un decisivo parcial de 9-29.
Pero ademáis o equipo estivo demasiado fallón, e, como reflexan os 44 puntos finais, impreciso de cara o aro.
O encontro en liñas xerais foi igualado.
Non poido ser. O Caselas (patrocinado por Hermanos Núñez Lorenzo S.L.), na cita máis importante da temporada, caeu perante un Mos que resolveu dende a liña de 6,75 cun total de 10 triplas. O partido foi moi bó e entretido e non defradou ao numerosísimo público que non parou de alentar aos xogadores de Adrián Salgado.