Luns de adestramento

Onte tocaba adestramento coma cada luns. Acompañounos o nos base Xur, a pesar de non poder adestrar tras un lance no último partido que causo unha brecha na fronte. Unidos e facendo piña, nas duras e nas maduras.

8ªX.SENIOR: CASELAS 64 RÍAS BAIXAS 59

Encontro moi disputado entre dous dos tres equipos que chegaban nesta xornada empatados na primeira posición da liga con 6 victorias e 1 derrota.

O partido foi igualado e duro. Moita intensidade e moito contacto, con poucos xogadores que se salvaron de levar algún golpe ou magulladura (aclarar que sen mala fe e con total deportividade por ambos lados).

(máis…)

Torneo Insectos de Nadal SOLIDARIOS

O próximo día 22 de decembro celebraremos no pavillón municipal de Salceda o noso Torneo Insectos de Nadal Solidarios. Solidarios porque cada nena e neno deberá aportar un alimento, enfocado no almorzo (leite, azucar, galletas, cereais) que será doado o programa de alimentos do noso concello. Agradecemos toda a axuda… Ler máis

Pasándovos a bola!

No C.B. CASELAS sabemos que tedes o ritmo metido dentro do corpo e que estades desexando demostralo?. Dende o clube pedimosvos axuda para facer un video ? musical ?? navideño co obxectivo fundamental de pasalo ben e que a familia do Caselas siga crecendo. É moi sinxelo… Bótadelle unha ollada… Ler máis

7ªX.SENIOR: SEIS DO NADAL COIA 59 CASELAS 58

Rival difícil e cancha complicada na que o noso senior se presentaba con tres baixas.
Tras un mal inicio, os nosos reaccionaron e xogaron un partido moi disputado fronte a un gran rival. Destacar a gran actuación de David Ledo, que deu unha lección de fundamentos no poste baixo en ataque, e o traballo inconmensurable de Rober Temporao no rebote defensivo e ofensivo. Todo elo sen desmerecer o compromiso de todos.

(máis…)

C.B. Caselas 2008/2018

Xa temos aquí o venres e con el chegan o merecido descanso semanal e o tempo para a familia.

E falando de familia aquí deixamos duas fotos de familia que evidencian a evolución do noso clube na última década.

(máis…)

Pasando a Bola en Movistar+

Os bechos deste pequeno proxecto están chegando moi lonxe! Onte o programa Elegidos de Movistar Plus, de emisión nacional, tamén adicou uns segundos a falar sobre o Club Baloncesto Caselas, Adrián e A Banda Dos Insectos.

#cbcaselas #PresumedeClub #SentirSalceda (máis…)

Abrir chat
Club Baloncesto Caselas
Ola 👋
En que podemos axudarche?