Navibasket Torneo Noia

Onte os nosos equipos Premini e Mini acudiron o Navibasket Torneo de Noia convidados polo C.B. Noia, acompañados por Adrián, Manolo e un nutrido grupo de Nais e Pais. Foi un día longo pero os nosos xogadores pasárono de maravilla.

Os Mini fixeron un gran papel perante equipos da Liga Galega logrando un meritorio 5 posto.

Os Premini lograron o primeiro posto na súa categoría alzándose campións.

(máis…)

Merenda de Nadal 2018

Queremos darvos as gracias a tod@s por acompañarnos na Merenda de Nadal do pasado xoves.

Tedes que recoñecer que nolo pasamos bomba, sobre todo as valerosas nais e pais que se atreveron a xogar o partido. Demos un espectáculo fantástico. Cremos que algúns máis pais/nais viñan con ganas pero non se atreveron a baixar a pista, na próxima ocasión esperamos convencervos.

(máis…)

O debuxo invisible

Este nadal lle propuxemos un experimento social a cada xogador do noso club. Tiña que dibuxar a un compañeiro asignado o azar.

Coma sempre o principal obxetivo era fomentar a amizade e o coñecemento que os nenos, e non tan nenos, teñen uns dos outros. O resultado non puido ser máis espectacular.

Este xoves 27 poderedes contemplar en vivo estas obras mestras, xa que as esporemos no pavillón durante a merenda de nadal. Pero para que perduren no recorgo tamén as deixamos na nosa web.

Disfrutádeos porque son maravillosos.

(máis…)

Merenda de Nadal 2018

Mañán pola tarde celebraremos a tradicional Merenda de Nadal para tod@s os membros do Club Baloncesto Caselas. Este ano mudamos o lugar de celebración posto que será no Pavillón Municipal a partir das 17:00. Os nenos deber vir cómodos e traer roupa de deporte posto que realizaremos xogos ou mini… Ler máis

Baloncesto como excusa para formar

Hoxe amencemos con outro artículo sobre o Club Baloncesto Caselas no xornal. A no bola segue rebotando polo medios e nesta ocasión acabou en La Voz de Galicia cunha entrevista o noso coordindar Adrián. Nela Adrián expón as nosa ideoloxía e obxectivos para seguir medrando. Adicádelle un rato súa lectura…. Ler máis

Insectos de Nadal SOLIDARIOS

Un millón de gracias a todos pola vosa colabaración hoxe. Pasamos unha mañá bomba e xuntamos un feixe de alimentos que doaremos o Programa de Alimentos do Concello. Feliz navidad a tod@s.

Luns de adestramento

Onte tocaba adestramento coma cada luns. Acompañounos o nos base Xur, a pesar de non poder adestrar tras un lance no último partido que causo unha brecha na fronte. Unidos e facendo piña, nas duras e nas maduras.

8ªX.SENIOR: CASELAS 64 RÍAS BAIXAS 59

Encontro moi disputado entre dous dos tres equipos que chegaban nesta xornada empatados na primeira posición da liga con 6 victorias e 1 derrota.

O partido foi igualado e duro. Moita intensidade e moito contacto, con poucos xogadores que se salvaron de levar algún golpe ou magulladura (aclarar que sen mala fe e con total deportividade por ambos lados).

(máis…)

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?