Este grupo de xogadoras foi o primeiro equipo feminino da historia do clube, chegando demáis á categoría junior. Todo un hito no Caselas.
O equipo nace do Benxamín e Alevín Mixtos da tempada 1999/00, máis algunhas xogadoras novas e a pesares de ser un grupo corto en número, demostraron sempre moita ilusión e ganas de aprender.
Na tempada 2001-02 quedaron campeonas de liga infantil fem División B e na temporada 2003-04, subcampeonas de liga cadete fem División A, gañando o dereito a participar na Copa Galicia.
Quedaron eliminadas en primeira ronda (cuartos de final) perante o Peleteiro de Santiago en dous bonitos partidos. Na ida en Salceda, empate a 56 e na volta en Santiago derrota 63-52.
Foi unha gran experiencia e as lembranzas desa viaxe en bus a Santiago con toda a afección son imborrables.
Máis aló dos resultados deportivos acadados durante estes anos, o que conseguiron Laura, Eva, María, Fani, Rocío, Lorena, Yolanda,Victoria, Jéssica, Laura, Belén e Verónica foi abrir o camiño para que as seguintes xeracións femininas xogaran ao baloncesto en Salceda: unhas auténticas pioneiras.
Nesta época as cámaras dixitas apenas comezaran a sair e as RSS todavía quedaban lonxe, polo que non dispoñemos de material videográfico, pero sí destas dúas fotos que compartimos con vós!
GRANDES RAPAZAS, SODES UN ORGULLO PARA O CASELAS!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments