0
0
0
s2smodern

CB.Caselas (44): Xur 4, Jano 8, Darío 10, Rober 2, Julián 4. QUINTETO. Fredi 3, Rubén 2, David Ledo 10, Jose, Héctor 1 e Nico.
Parciais: 17-15 / 20-9 / 22-16 / 12-4.
Inicidencias: Noite de sábado no Pavillón do Colexio de Panxón.

Partido competido na primeira parte, pero que non fomos capaces de aguantar no terceiro cuarto perante o potente xogo interior dos de Nigrán, que se dispararon no marcador.

Ainda así, moi boa actitude dos xogadores de Salceda diante do líder invicto da liga, que é un equipo que debería estar en categoría superior. Esperamos competirlle mellor na segunda volta.

Remata así a primeira volta da competición con 2 victorias e as opcións intactas para acadar o obxectivo principal: manter a categoría. Non será sinxelo, pero darémolo todo para conseguilo.

O outro obxectivo principal é competir ao máximo cada partido e ser un exemplo para a canteira en actitude e comportamento.

A liga párase agora ata despois de Reis.

Arriba Caselas !!!!

CATEGORÍAS BASE:

Toda a base ten parón de liga ata despois de Reis, excepto o Cadete Feminino que xogará para a semana o derbi en Porriño.
Os resultados desta derradeira xornada do ano foron:

Cadete Masc: TUI 55 CASELAS 60
Cadete Fem: CASELAS 52 R.C.CELTA GRANATE 48  //  CASELAS 53 NIGRÁN 37
Infantil Masc: REDONDELA 57 CASELAS 50
Mini A: CASELAS A 41 BASKETGAL 66
Mini B: REDONDELA 65 CASELAS B 15
Premini: SEIS DO NADAL 45 CASELAS 25

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.