O pasado sábado á tarde, unha expedición de 60 persoas formada por xogador@s, corpo técnico, directiva, familiares e soci@s do C.B.Caselas, asistimos ao partido da 1ª División Nacional de Baloncesto en cadeira de rodas entre o Iberconsa Amfiv e o Aliados Valladolid, celebrado no pavillón vigués do Berbés.

Para a maioría de nós, tratábase da primeira vez que asistiamos a un partido desta modalidade, e a experiencia foi realmente interesante e enriquecedora.
Dende os maiores ata @s máis cativ@s, poidemos comprobar dende cerca o esforzo e superación dos xogador@s de ambolos dous equipos, que deron un gran espectáculo de baloncesto sobre a pista.


Tamén asistiron ao partido @s compañeir@s do C.B.Condado de Ponteareas. Os coordinadores de ambos os dous clubes saíron á pista no descanso para recibir uns agasallos de agradecemento por parte do presidente do AMFIV, Jose Antonio Beiro Rodríguez.
Queremos agradecer a Jose Antonio Beiro, Carlos e todo o equipo do AMFIV a súa hospitalidade e as facilidades que nos deron para que os rapaz@s desfrutaran desta nova experiencia. Noraboa polo voso traballo e parabéns por estos 40 anos. Que sexan moitos máis!

Os premios dos sorteos celebrados durante o partido tocaron na bancada do Caselas!

Os xogador@s da nosa canteira fotografiáronse co equipo do AMFIV ao rematar o encontro.

Dende o Club Baloncesto Caselas tentamos dar unha educación integral á nosa canteira, e que coñezan outras realidades e puntos de vista, tanto deportivos, como persoais e sociais. Parécenos fundamental ofrecer actividades distintas para todas as familias, soci@s e seguidores do clube, e coincidindo co Día Internacional das persoas con discapacidade, pasamos unha tarde moi especial que agardamos poder repetir!
Esta pasada fin de semana, tocoulle descansar a todas as categorías do C.B.Caselas agás ao noso Infantil Feminino, que xogou un partido aprazado perante o C.B.Nigrán no Pavillón Municipal de Panxón.

C.B.NIGRÁN 15 – 65 C.B.CASELAS
Permanecede atent@s, avecínase un mes de decembro cargadiño de partidos e actividades: finais das primeiras voltas, a festa presentación do C.B.Caselas o domingo 18, a Copa dos Insectos, Xornadas de Tecnificación e moitas sorpresas que iredes descubrindo. Pronto TODA A INFO!!!
Vémonos o luns nos adestramentos!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments