Dende o Club Baloncesto Caselas, apoiamos, promovemos e disfrutamos desta gran iniciativa do noso Coordinador Deportivo Adrián Salgado Fernández.
El mismo expón con estas palabras o proxecto:
“A Banda dos Insectos é un proxecto enfocado a todolos nenos e nenas amantes do baloncesto, no que a música rock e as letras baseadas neste maravilloso deporte mistúranse buscando que @s xogador@s familiarícense coa linguaxe do basket mediante a música.
Persoalmente, levo toda a vida compaxinando as miñas dúas grandes paixóns (baloncesto e música), grazas os meus pais que me deron a posibilidade de xogar dende os 7 anos e tocar a batería dende os 11.
Sempre na miña mente, esta unión deportiva-musical tiña que ocorrer e afortunadamente caín nun clube, o noso C.B.CASELAS, que dende que me nomearon Coordinador Deportivo déronme total confianza para levar a cabo ideas distintas que ofrecer @s nos@s xogador@s.
O noso clube é diferente e pensamos que os nenos e nenas que conforman a nosa canteira, cada ano máis numerosa, merecen recibir unha formación integral, que non se quede soamente no balocesto. Os valores como o compañerismo, a convivencia e abrir as mentes d@s rapaz@s do C.B.CASELAS o consideramos
igual de importante que ensinarlles a botar, pasar ou tiar a canastra.
Co crecemento da nosa xa clásica Liga dos Insectos do C.B.CASELAS, que serve como evento final de cada tempada dende fai 5 anos e na que participan todolos xogadores e xogadoras do clube (dende Baby ata Senior), xurdíu a idea de ofrecer un concerto de rock con letras sobre baloncesto, como unha actividade festiva encadrada dentro da liga. A gran resposta do público, en especial d@s nen@s, animoume a , ademáis de repetir o concerto o ano seguinte, grabar algunhas desas cancións de composición propia nun estudio e elaborar este videoclip do tema “Pasando a Bola”no que participan os mellores actores e actrices posibles: os nosos insectos do C.B.CASELAS!”
Esperamos que vos guste!!!
A Banda dos Insectos está formada polos seguintes integrantes:
Baixo: Eduardo Cadenas Balseiro
Guitarra: Jacobo Roselló Boullosa
Batería e Voces: Adrián Salgado Fernández
Composición LETRA e MÚSICA: Adrián Salgado Fernández
Productor Audio: Iván Fornos Domínguez
- Contacta coa Banda para o que necesites !
WhatsApp: 661418190 (Adrián)
- INFO e NOVAS sobre a banda en:
https://facebook.com/AbandadosInsectos
- Escoita a música da Banda dos Insectos en SPOTIFY!
https://open.spotify.com/artist/2KQHUmbrKPlhutd64GvhlE?si=Q2qzo4KsSPeE-Bgkr7PVqg
VIDEOCLIP PASANDO A BOLA!
AUDIOLIBRO A BANDA DOS INSECTOS – PASANDO A BOLA:
No mes de outubro de 2019, publicouse o audiolibro A BANDA DOS INSECTOS – PASANDO A BÓLA, unha novela xuvenil dirixida á lectura de rapaz@s dende os 8 anos en adiante, para a que A Banda dos Insectos compuxo 10 cancións que forman parte fundamental na lectura e desenvolvemento da historia.
– Editorial: GUINDASTRE EDICIÓNS
– Colaboradores: CLUB BALONCESTO CASELAS e CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
– Escritora: CELTIA FIGUEIRAS
– Ilustrador: IAGO ARAUJO
– Idea Orixinal e asesor de linguaxe baloncestística: ADRIÁN SALGADO FERNÁNDEZ
– Música: A BANDA DOS INSECTOS
– PVP: 12€
MERCA O AUDILIBRO AQUÍ!
– ENTREGA A DOMICILIO (a través da editorial)
https://guindastre.gal/product/pasando-a-bola/
– A RECOLLER no Pavillón Municipal, Salceda de Caselas (a través de Adrián). Encargar a través de
E-MAIL : abandadosinsectos@gmail.com
WhatsApp: 661418190 (Adrián)
O libro conta a historia dun equipo de baloncesto formado por rapaces e rapazas moi distintos entre sí que vive un cambio drástico ao recibir a chegada dun novo adestrador moi especial.
Cada capítulo está narrado dende o punto de vista dun dos compoñentes do equipo, co que se busca que @s rapaz@s poidan sentirse identificad@s con algún dos xogador@s protagonistas.
TOD@S son protagonistas. É unha das mensaxes que se quere transmitir neste libro. Tod@s @s xogador@s do equipo son igual de importantes.
PASANDO A BÓLA ten unha temática claramente deportiva, enfocada ao baloncesto, pero non se limita a este ámbito, senón que busca ser una novela cun contenido TRANSVERSAL, tratando temas que van dende o compañeirismo, o traballo en equipo e integración, ata o acoso escolar, o racismo, a inmigración ou a homosexualidade dende o punto de vista das crianzas.
A música da Banda dos Insectos é un elemento clave no libro e na súa lectura.
Cada capítulo vai acompañado por unha canción orixinal do grupo e a súa letra, que ten que ver coa historia narrada.
A idea é ir lendo o libro e escoitando simultaneamente a música, buscando unha lectura interactiva e dinámica.
Cun código QR compatible con móbil, tablet, etc o acceso ás cancións é moi sinxelo e directo.
Ademais da lectura de rapaz@s de entre 8 e 14 anos, buscamos que este audiolibro se faga un oco nos colexios, xa que pensamos que o carácter transversal que alberga pode ser moi útil en educación e incluso pode servir para levar a cabo unidades didáctica.
A educación física, a lingua galega, a narrativa e a música están aquí presentes.
Se tod@s fosemos iguais, o mundo sería moi aburrido. Na diferenza está o gusto, e A BANDA DOS INSECTOS busca estender a súa mensaxe por Galicia, o Planeta Terra e toda a Galaxia!